Existe unha flor en Galicia que sen querelo, pois non se trata dunha especie autóctona (inda que sí leva moitos anos convivindo connosco), converteuse xa nun símbolo histórico e de elegancia, un reclamo que poderíamos definir como turístico, pois vai máis alá da interese botánica. Estamos a refererirnos á camelia.
Como flor de culto en Galicia, a camelia gaña adeptos inverno tras inverno, non só por adornar algúns dos nosos xardíns señoriais máis representativos, senón tamén pola tan ampla e variada representación que aquí existe desta flor: máis de 8.000 variedades nas que conviven cores e formas tan distintas e interesantes coma sorprendentes e fermosas. Por este motivo cada vez é máis habitual atopar persoas que, vidas tamén de fóra de Galicia, se achegan aos distintos xardíns e parques galegos seducidas polas peculiaridades desta flor coa intención de saber máis sobre ela.
A Ruta da Camelia
Dende hai uns cantos invernos é posible coñecer con detalle esta flor visitando os xardíns da Ruta da Camelia. Composta por 12 xardíns, públicos e privados (nestes últimos é preciso concertar a cita previamente), esta ruta transcorre por unha liña oceánica trazada no mapa galego de norte a sur, comezando deste xeito no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña), e ficando por outros espazos coma a Alameda de Santiago de Compostela (A Coruña), Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra, A Coruña), Pazo de Oca (A Estrada, Pontevedra), Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), Pazo de Lourizán (Pontevedra), e outros que con máis detalle figuran na información da ruta.
Xornadas, feiras, certames, concursos e exposicións relacionados coa camelia.
Arredor da expectación que xera a camelia, existen diversidade de eventos nos cales, ademáis de poñer en valor e admirar as diversas formas da flor, faise posible tamén establecer contacto con expertos no cultivo e coidado da camelia. A Sociedad Española de la Camelia, gran precursora, a través da súa web, pon en coñecemento as datas dos principais eventos.
SEC – Sociedad Española de la Camelia
Tal e como mencionanos, a Sociedad Española de la Camelia é quizáis a gran precursora na promoción da camelia. Entre as súas actividades destaca a coordinación de eventos relacionados coa camelia, o asesoramento sobre cultivos e coidados, a edición de revistas e publicacións especializadas, e a colaboración con outras entidades como a Xunta de Galicia (a través do seu organismo de promoción turística) que tamén amosan o seu interese na promoción da nosa flor de inverno.
Pingback: Galicia modo ON.- Congreso Internacional da Camelia 2014, en Pontevedra. | Galicia modo ON