Galicia modo ON.- Á moda con Ela Diz


Camiñando polo casco antigo da cidade compostelá demos cunha tenda de moda moi especial e de infinita personalidade; un deses recantos semimáxicos capaces de concentrar nun mínimo espazo toda unha vistosa galería de pequenas e variadas pezas orixinais, obras de arte (por que non dicilo) que con luz propia irradian a paixón dos seus pais deseñadores.

Ela Diz Santiago

Ela Diz, así se chama esta tenda, é o universo de Laura, que dende hai xa un tempo sentiu a necesidade de abrirlle á capital galega unha fiestra de novas e dinámicas tendencias no mundo da moda.
Ubicada na Praza de Fonterrabía (inda que con intención de se trasladar axiña a outro enderezo), en Ela Diz ademáis de prendas, calzado e complementos de deseño, é posible atopar outros artigos exclusivos como xoias, ilustracións, cadernos, marionetas, tazas de café ou variados elementos de decoración.
Ela Diz Santiago
.
Laura mantén así con Ela Diz unha firme aposta: o apoio a novos deseñadores galegos e nacionais.
A presenza galega na tenda está latente nas creacións de deseñadores coma Sara Coleman, que adoita presentar o seu sofisticado traballo na Cibeles Fashion Week; a enxeñosa zoqueira Elena Ferro, nai dos divertidos zocos de cores que se comezan a popularizar na rede; ou o grupo de deseñadores Chula, galegos afincados no Vietman, que combinando a alta calidade dos tecidos asiáticos cos seus orixinais e cromáticos deseños dan vida a verdadeiras xoias.
Interesante nos parece tamén destacar tamén a presenza en Ela Diz doutros deseñadodes nacionais coma a marca sevillana Anusca´s Family que basea as súas pezas en tecidos reciclados; o grupo de Barcelona Malahierba e as súas orixinais e femininas pezas; ou os pamploneses Nice Things , máis preocupados quizáis por manter certa estética infantil nos seus deseños.  Son moitas máis as curiosas e interesantes marcas que conviven en Ela Diz, por iso é para nós máis que aconsellable observar o detalle das mesmas na súa web.
     nice things - Ela Diz Compostela  Malahierba - Ela Diz Compostela Ela Diz Santiago
_______________________________________________________________________
Ela Diz na rede
Ela Diz non quixo desaproveitar a oportunidade de difusión que supoñen hoxe por hoxe  internet e máis en concreto os medios sociais. Deste xeito, ademáis de poder efectuar unha compra na internet a través da súa tenda online , é posible achegarse ás novidades de Ela Diz a través do seu blog e tamén en outras redes sociais populares coma  Facebook, Twitter e Pinterest 

Ela Diz Santiago             Ela Diz Compostela Ela Diz Compostela
_______________________________________________________________________
Agradecementos
Dende Galicia modo ON queremos darlle as grazas a Laura, de Ela Diz polo tempo e a atención que nos adicou na nosa visita á tenda, e como non, desexarlle moito éxito con esta iniciativa tan enriquecedora, pois gracias ao seu bo facer, estamos a coñecer interesantes traballos, marcas e deseñadores, quizais menos populares, pero eso sí, de indubidable profesionalidade.
________________________________________________________________________
ÚLTIMAS NOVAS DE ELA DIZ 
A mediados do mes de Marzo 2013 Ela Diz mudou de enderezo, tal e como indican no seu blog. Trasladáronse á Rúa Nova, nº 24, fronte ao Teatro Principal.
________________________________________________________________________

6 opinións sobre “Galicia modo ON.- Á moda con Ela Diz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s