Por moitos incisos circunstanciais no tempo que fagamos en Galicia modo ON, hai unha cita anual á cal non poderemos deixar nunca de acudir: o Festival Social Media de Galicia, máis coñecido coma MexilOnseTuits.
O pasado sábado 18 de outubro celebrouse en Cangas MexilOnseTuits, un festival que vai máis alá da mera gratificación aos mellores traballos no Social Media galego; xa na súa terceira edición MexilOnseTuits consolídase como A CITA onde teñen cabida todos os usuarios da comunicación 2.0 en Galicia.
E cada vez somos máis! Hoxe por hoxe, quen non se apoia nas redes sociais para acceder á actualidade, novidades culturais, ocio, moda, etc? Por esta palpable cercanía o MexilOnseTuits gaña adeptos en cada edición, os intereses dos galegos xiran directa e indirectamente na mesma dirección.
Con cada edición supérase a calidade dos traballos presentados a cada unha das categorías. Tanto é así que, desta volta, obtiveron a estatuíña os seguintes participantes:
Mellor Blog de Moda: PAULA DEIROS’S SECRETS
Mellor Blog Informativo/Cultural: VIVIR NA CORUÑA
Mellor Blog Turístico: CHAVETAS
Mellor Blog Gastronómico: TRAVI EN LA COCINA
Mellor Campaña Social: SALVEMOS GALICIA DA MEGAMINERÍA
Mellor Campaña Comercial: Koama, Con tu cocina
Mellor Video Viral: SALVEMOS GALICIA DA MEGAMINERÍA
Mellor Integración E-commerce: SABORPLACE
Un dos momentos máis emotivos da entrega de premios chegou co momento da entrega do premio honorífico, unha distinción que os responsables de MexilOnseTuits outorgan cada ano Mención Especial do Xurado ao escritor e xornalista de La Voz de Galicia, Nacho Mirás, (alias @rabudo1) pola súa loita e perseverancia na vida ante inclemencias que lle chegaron a través dunha dura enfermidade. O seu libro El Mejor Peor Momento de mi Vida resume a súa forza e filosofía de vida.
Quizáis o que faga tan especial esta cita co Social Medio Galego sexa o ambiente amigable e familiar que todo o envolve. Ao remate da gala a organización adoita escoller actividades de ocio. Nesta edición os asistentes puideron coñecer en detalle o termo “brandingyoga” de mans das súas creadoras, Raquel Lemos e Victoria Ambros. Tamén houbo ocasión de facer unha pequena excursión pola ría de Vigo coa Naviera Mar de Ons, observar dende distintas perspectivas a ponte de Rande, as bateas ou a presenza circunstancial dun dos trasatlánticos de maior fama mundial que se atopa de escala na cidade viguesa, Oasis Of The Seas.
En definitiva, o MexilOnseTuits convértese ano a ano nunha cita obrigada que, ademáis da mera finalidade de coñecer e galardoar os mellores traballos do Social Media galego do último ano, se esforza en lle outorgar ao evento unha actitude “festivaleira” e divertida. Sempre é unha boa decisión escoller acudar ao MexilOnseTuits, un sempre leva máis do que agarda!
Acompañamos enlace a outros medios que tamén recolleron a súa reflexión sobre o MexilOnseTuits 2014:
– El blog de APM Social: http://blog.apmsocial.com/nuestro-primer-mexilonsetuits/
– Atlántica Comunicación: http://www.atlanticacomunicacion.com/sala-de-prensa/1133-saborplace-galardonada-como-la-mejor-integracion-e-commerce-en-los-premios-mexilonsetuits-2014.html
– Morrazo Tribuna: http://morrazotribuna.blogspot.com.es/2014/10/premios-mexilonsetuits-2014-sellan-en.html
– Latexos de Turismo: http://latexosdeturismo.com/iii-edicion-mexilonsetuits-un-ano-mas/
– The Orange Market: http://theorangemarket.com/2014/10/3a-edicion-del-festival-social-media-de-galicia-mexilonsetuits/
– Travi en la cocina: http://travienlacocina.com/mexilonsetuits/
– Briefing Galego: http://www.briefinggalego.com/premiados-en-mexilonsetuits
– Mapi Baez: http://mapibaez.com/mexilonsetuits-2014/
– Diario de Pontevedra: http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/366459-150-personas-asistieron-entrega-premios-mexilonetuits
Fotografías: MexilOnseTuits.