Que en Galicia somos moi gustosos da comunicación 2.0 non é unha novidade. Milleiros de persoas utilizan cada día este tipo de comunicación con distintas finalidades (laborais, promocionais, particulares, altruístas…) que van dende o ámbito profesional (empresas de marketing, turismo, comunicación, etc. ao persoal (blogs e vídeos de temáticas variada).
Por este motivo, dende Galicia modo ON consideramos MOI POSITIVA a inscripción dos vosos traballos no Festival Social Media de Galicia MexilOnseTuits, que está a piques de pechar o prazo de inscripción (a data límite é o 31 de xullo).
Quen pode participar en MexilOnseTuits?
Todas aquelas empresas, entidades, colectivos e persoas particulares que, ao longo do ano 2013 e ata xuño do 2014, apoiaron ou seu traballo con accións en distintos medios sociais (campañas, tendas online, vídeos, blogs..) Estas son as categorías nas que é posible inscribirse:
– Mellor Campaña Social
– Mellor Campaña Comercial
– Mellor Vídeo Viral
– Mellor Integración e-commerce
– Mellor Blog de Moda
– Mellor Blog Turístico
– Mellor Blog Informativo/Cultural
– Mellor Blog Gastronómico
Ademáis da posibilidade de optar aos premios nas distintas categorías, o MexilOnseTuits crea a oportunidade de dar difusión aos diversos traballos que se están a realizar neste ámbito; e convértese tamén con cada edición nun excelente punto de encontro de profesionais diversos campos. Toda a información:
Páxina web: http://www.mexilonsetuits.com/
Facebook: MexilOnseTuits
Twitter: @mexilonsetuits
Youtube: MexilOnseTuits
Google + MexilOnseTuits