Galicia modo ON.- II Festival Internacional de Teatro ámbito lusófono.


Unha proposta cultural do máis importante chega hoxe a Galicia modo ON dende Gondomar e Baiona (Pontevedra), a II Edición do Festival Internacional de Teatro, PONTE NA ESCENA.

Os días 8, 9, 10 e 11 de Maio as vila de Gondomar e Baiona serán a sede dun festival que tenta poñer en valor e comunicar entre sí ao teatro do ámbito lusófono: Galicia, Portugal e Brasil serán os tres principais eixes de contido teatral neste Festival, mais tamén a presenza doutros países, como Francia, estará latente a través doutros profesionais da escea que interverán no idioma luso. O Festival acolle 9 obras de teatro, 1 exposición e 1 documental espalladas en 4 espazos culturais.
Tanto no propio cartel do evento, como na web da organización, Ponte nas Ondas, é posible facer seguemento da programación de dito evento:

CARTELponte_na_escena_BANDEIRA_WEBjpg

TEATRO PARA TOD@S!

Unha das principais teimas desta segunda edición do Festival Internacional de Teatro é facer testemuña directa ao público infantil…un público dos máis sinceros e críticos que existen, ao mesmo tempo, tamén dos que máis congratula agradar….pois a súa entrega adoita ser máxima. Monicreques e outras representacións teatrais serán os seus pratos fortes. Sabemos que o teatro é unha canle de transmisión cultural moi poderosa e enriquecedora; deleita e fai reflexionar ao mesmo tempo, por esta razón, apostar por achegalo tamén aos nosos cativos, é tamén apostar pola súa formación en valores humanose nutrición das inquedanzas culturais.

PROXECCIÓN DO DOCUMETAL Morreu o demo, acabouse a peseta

O documental fai referencia á Famila Silvent, unha familia que co seu teatro ambulante se adicou a percorrer numerosas vilas e cidades galegas polos anos 50. O director do documental, Pedro Solla, achéganos tamén unha interpretación de como sería na actualidade o teatro co selo Silvent:

 A COORDINACIÓN DO FESTIVAL

É a asociación cultural Ponte nas Ondas a que asume a coordinación desta iniciativa. Estamos a falar dunha asociación cunha interesante e longa traxectoria en termos de cooperación educativa e cultural entre Galicia Portugal, e non só a través do teatro, senon doutras canles, como a radio e o audiovisual:

Páxina webhttp://www.pontenasondas.org/

Facebook: ponte nas ondas

Ademáis da asociación Ponte nas Ondas, a cooperativa cultural O Cable Inglés tamén merece ser nomeada neste post pola completa implicación na difusión cultural do Festival Internacional de Teatro. Ás dúas organizacións lles temos que agradecer que nos fixesen partícipes da difusión dunha iniciativa que consideramos tan fermosa como necesaria.

Desexamos que esta sexa a segunda de numerosas edicións dun Festival que, co apoio preciso, se consolide definitivamente como tal, e axude a posicionar Galicia como referente do teatro internacional de ámbito lusófono.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s