Parecía durmido…pero rexurde con forza o festival do Social Media galego, máis coñecido coma MexilOnseTuits, o primeiro festival “da terra” que ten por obxectivo premiar e dar difusión aos traballos feitos en Galicia dalgún xeito vencellados ao marketing en medios sociais.
A través das súas canles sociais coñecíamos o pasado venres alguna das novidades que envolven á que vai ser a terceira edición do MexilOnseTuits:
– Nova web: http://www.mexilonsetuits.com máis vistosa, completa e intuitiva, na que ademáis se pode consultar a información das dúas anteriores edicións.
– Nova data e novo lugar de celebración: se nas anteriores edicións xuño era o mes, e Bueu a ubicación; desta volta o MexilOnseTuits vai ter lugar o vindeiro sábado 18 de Outubro no Auditorio Municipal de Cangas (O Morrazo continúa a ser a batea 2.0!)
– 2 novas categorías: Tentando abarcar máis traballos que tamén merecen un oco no MexilOnseTuits xorden dúas categorías novas: Mellor Integración e-comerce (orientada a tendas online), e Mellor Campaña Social en Redes (iniciativas solidarias que dalgún xeito apoiaron a súa comunicación nos medios sociais acadando os seus obxectivos).
– Traballos dos últimos 18 meses. Aumenta o rango na realización dos traballos participantes (lembremos que as dúas edicións pasadas recollían aqueles traballos realizados nos 12 meses previos á realización do Festival).

Detalle da nova web MexilOnseTuits
A QUEN VAI DIRIXIDO O MEXILONSETUITS?
Tanto se tes unha empresa que adica parte do seu traballo á comunicación nos medios sociais, coma se por entretemento ou outras razóns tes un blog, ou páxina na que compartes contidos atractivos, o MexilOnseTuits ofréceche a posibilidade de amosar a túa labor ante a Galicia máis 2.0. Son 8 as categorías nas que podes inscribir o teu proxecto ou inciativa http://www.mexilonsetuits.com/participa-nos-premios/ :
– Mellor Campaña Social
– Mellor Campaña Comercial
– Mellor Vídeo Viral
– Mellor Integración e-commerce
– Mellor Blog de Moda
– Mellor Blog Turístico
– Mellor Blog Informativo/Cultural
– Mellor Blog Gastronómico
O prazo para a inscripción dos traballos remata o xoves, 31 de xullo (as dúbidas ou cuestións relativas á participación poden ser enviadas a mexilonsetuits@gmail.com).
Tamén podes asistir como público, se estás interesado en coñecer os proxectos máis interesantes que se están a desenvolver en Galicia dentro desta comunicación. Ademáis da entrega dos premios, o MexilOnseTuits adoita reservar na súa programación un espazo para actividades turísticas, charlas de profesionais, degustacións gastronómicas…aínda que non coñecemos os detalles da programación desta edición, adiviñamos que, ao igual que nas anteriores, a diversión e “bo rollo” estarán asegurados.
Outra opción de participación no MexilOnseTuits é como patroninador/colaborador. Tendo en conta que se trata dun evento xa consolidado e, dada a súa natureza, acada gran viralidade (visibilidade nos medios sociais) con cada edición, pode ser interesante para a túa empresa apoiar de xeito directo este evento.
SEN PERDER DETALLE
Aínda queda moito por desvelar sobre a terceira edición do MexilOnseTuits (o xurado, a programación, colaboracións…) Seguiremos de preto as novas que se vaian publicando acerca deste Festival.
Páxina web: http://www.mexilonsetuits.com/
Facebook: MexilOnseTuits
Twitter: @mexilonsetuits
Youtube: MexilOnseTuits
Google + MexilOnseTuits
Imaxes: MexilOnseTuits