“Esta é a historia dun castelo maldito”.
“O castelo máis grande de Galicia que ninguén recorda xa”.
Impactantes nos pareceron as afirmacións coas que se presenta o castelo de Rocha Forte (Santiago de Compostela) na propia web, mais puidemos comprender que, por desgraza, durante moito tempo este foi un xacemento totalmente esquecido e non é extraño que moitos galegos nin tan sequera teñan referencias del, a pesar de ser o castelo máis poderoso e relevante na historia de Galicia e atoparse ubicado na nosa capital.

Detalle da web http://www.rochaforte.info
Afortunadamente este esquecemento comeza a ter os días contados, e grazas á labor levada adiante polo Concello de Santiago de Compostela, coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e a OCIHR (Oficina municipal da Cidade Histórica e de Rehabilitación), a recuperación e posta en valor do castelo de Rocha Forte é toda unha realidade e este xacemento xa comeza a recobrar a merecido lugar que lle corresponde, como importante testemuña dun legado histórico moi valioso.
A MAIOR FORTALEZA DO REINO DE GALICIA.
A data na que o castelo de Rocha Forte foi construido está sen concretar, aínda que se sitúa en torno ao século XIII, na baixa Idade Media. Ubicado dentro dunha blindada fortaleza (protexida con dobre amurallado) na que tamén se que atopaba a torre de homenaxe (hoxe totalmente destruída) e, posiblemente unha pequena capela, este castelo asumiu moi variadas funcións: foi residencia arcebispal, refuxio en tempos de guerra, punto de control comercial, bastión militar…
Arredor deste espazo, e ao longo dos seus varios séculos de integridade, vivíronse importantes esceas históricas onde a variedade de personaxes (arzobispos, condes, casteleiros, líderes de movementos de asaltos…) embargados nun contexto social onde a relixión marcaba co seu esplendor o poderío e influencia, protagonizaron impactantes esceas, algunhas co paso do tempo se misturaron coas lendas. Como nos gustaría que coñecésedes os detalles a través da propia iniciativa, non imos profundizar neste momento nos detalles.
A MALDICIÓN: OS ASALTOS E ASEDIOS.
Como é de imaxinar, os poderosos medios dos que estivo dotado o castelo de Rocha Forte, posicionárono nun contínuo punto de mira para intrépidos asaltantes… mais a sonada maldición agasalláronlla aqueles que vían o castelo a inxustiza transformada pobreza e desigualdade social. Aínda que foron varios os movementos que tiñan por obxectivo destruír a sombra de tiranía que proxectaba o castelo, foi o Movemento Irmandiño o único quen de destruílo.
A RECUPERACIÓN, DIFUSIÓN CULTURAL E DOCUMENTACIÓN
Culminan no ano 2013 os traballos de recuperación do xacemento coa execución de intervencións arqueolóxicas e é xusto neste mes de maio cando se comeza a desarrollar a fase de difusión, a través das visitas guiadas que dende o Concello de Santiago de Compostela se comezaron a impartir xa (os meses de maio, outubro e novembro contémplanse para visitas escolares, mentres que, de xuño a setembro se poderán inscribir nas mesmas persoas particulares que desexen achegarse). A través dun calendario virtual adxunto na propia web do castelo, é posible escoller data e reservar plaza para asistir á ditas visitas guiadas (tanto de escolares como de particulares).
Estamos gratamente sorprendidos coa calidade do material divulgativo que acompaña a esta iniciativa.
Ademáis de considerar a web http://www.rochaforte.info moi completa e amena (pois contén información moi detallada fácil de asimilar) aplaudimos o sinxelo formato empregado na visualización de imaxes e reprodución de vídeos, todo o conxunto outórgalle a web unha imaxe moi profesional, práctica e atractiva.
Existen ademáis versións descargables desta documentación nos formatos PDF e epub aos que se pode acceder dende a propia web de Rocha Forte.
Tamén o formato papel convive cos anteriores, xa que se pode conseguir a través dos Centros Socioculturais de Santiago de Compostela, unha guía que recolle os principais puntos históricos e a contextualización do xacemento.
Fonte: web http://www.rochaforte.info
me gustaría visitar el castillo el sábado 7 de junio 2014 a las 18 horas ,seriamos dos
Buenos días Antonio.
Galicia modo ON es un blog que pretende dar difusión a iniciativas, simplemente hemos hecho eco de ésta.
Para anotarte en las visitas tienes que inscribirte a través de su web http://www.rochaforte.info
Un saludo!