Galicia modo ON.- 16 novas rutas de sendeirismo en Porto do Son


Quizais polo encanto da nosa natureza ou pola súa diversidade Galicia é unha das comunidades onde o sendeirismo gañou máis adeptos nos últimos anos, orixinando isto a de creación dunha infraestructura máis ou menos axeitada para a realización desta actividade. Hoxe por hoxe son moitas as localidades galegas, tanto costeiras como interiores nas que se poden practicar sendeirismo atendendo a diversas características: dificultade, accesibilidade, duración, servizos, patrimonio, etc.

20150908_103256

Sinalización na ruta de Caveiro e Aguieira

Hoxe facemos parada no Concello de Porto do Son (A Coruña) que recentemente vén de comunicar a publicación e sinalización de 16 rutas de sendeirismo ao longo das diferentes parroquias do seu municipio:

R01 Ruta da Ornanda

R02 Ruta de A Gafa e Portosín

R03 Ruta de Caveiro e Aguieira

R04 Ruta dos Montes Enxa e Dordo

R05 Ruta da Arnela

R06 Ruta do Castro de Baroña

R07 Ruta de Seiras e Queiruga

R08 Ruta da Illa do Mar

R09 Ruta de Caamaño

R10 Ruta das Furnas

R11 Ruta das Lagoas de Xuño e San Pedro

R12 Ruta do Monte Tahume

R13 Ruta do Monte Graiade

R14 Ruta da Fervenza de Ribasieira

R15 Ruta das Penas de Calo

R16 Ruta do Monte Iroite

Se por algo destaca Porto do Son é polas fermosas praias e paraxes naturais, sendo os areais un importante reclamo turístico na tempada estival, así coma o Castro de Baroña, o segundo castro galego máis visitado e que, nos últimos anos estivo sometido a diversas actuacións de recuperación e posta en valor, publicadas tamén neste blog.

20150919_122347

Ruta das Penas de Calo ao seu paso pola aldea de Calo.

Mais Porto do Son alberga un riquísimo patrimonio natural e cultural que ben merece ser coñecido e vivido, por iso entendemos que estas rutas de sendeirismo pretenden achegar o camiñante a outros elementos menos populares, pero de gran valor: recursos naturais (fervenzas, ríos, praias, vistas panorámicas…) xacementos arqueolóxicos (petróglifos, mámoas, castros..), arquitectura relixiosa (igrexas, hermidas, cruceiros…), arquitectura popular (fontes, muíños, hórreos, aldeas rurais…)

Sin título-1

Panel informativo na ruta das Penas de Calo.

Estas rutas de sendeirismo contan con paneis informativos situados en localizacións estratéxicas, e abondosa sinalización, facilmente recoñecible polo seu trazado liñal de pìntura bicolor (indicando as liñas paralelas a correcta dirección, e en cruz a incorrecta)

A documentación está recollida en 2 soportes:

 – Páxina web: http://www.portodoson.org/rutas/

 – Folleto en formato papel (pode ser solicitado na Oficina Municipal de Turismo de Porto do Son)

web

Detalle da páxina web http://www.portodoson.org/rutas

Deixar un comentario