Galicia modo ON.- A Pedronía: o camiño xacobeo que conduce a Padrón.


Que o Camiño de Santiago, dentro das súas múltiples variedades é hoxe por hoxe produto estrela do turismo en Galicia, é unha das afirmacións máis rotundas que poderíamos facer dende este blog .

O Camiño Francés, o Camiño Portugués, a Vía da Prata, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, o Camiño Fisterra-Muxía ou a Ruta do Mar de Arousa-Río Ulla son algunhas das rutas xacobeas máis populares e transitadas por milleiros de peregrinos cada ano, mais a ruta da que imos falar hoxe é coñecida como a PEDRONÍA e trátase da única ruta peregrina que conduce á vila de Padrón, a primeira vila galega que (segundo a lenda) acolleu os restos fúnebres de Santiago Apóstolo, antes de que estes fosen trasladados á Catedral de Santiago.
Pero antes de continuar falando da Pedronía, pode que vos fagades unha pregunta: ¿Que aconteceu en Padrón, para que existise unha ruta histórica de peregrinaxe?

Conta a lenda que á volta do apóstolo Santiago a Palestina (logo de estar predicando polas nosas terras) este foi decapitado e, ante tal feito, os seus discípulos Teodoro e Atanasio quixeron enterrar ao seu mestre no lugar onde en vida predicou o Evanxeo. Para tal fin, guiados por unha estrela e un anxo, navegaron nunha barca de pedra dende Haffa ata a costa galega, continuando ao seu paso pola ría de Arousa e río Ulla ata atracar a barca en Padrón, amarrándoa ao coñecido Pedrón, ara romana que da nome á vila e símbolo da mesma, situado no altar maior da igrexa de Santiago de Padrón.

PEDRON

O Pedrón, situado no altar maior da Igrexa de Santiago de Padrón.

Consérvanse testemuños en antigos escritos que confirman a existencia dunha ruta de peregrinaxe a Padrón dende a Idade Media, ruta que era realizada por gran cantidade de peregrinos que, logo da súa chegada a Santiago de Compostela, e desexosos de coñecer os restos do traslado do corpo do apóstolo (o Pedrón e a barca de pedra) se achegaban a Padrón movidos pola fe.
En base a isto, a Pedronía, a pesar de non ser unha das rutas máis popularizadas, posúe un rico trasfondo histórico e unha forte vinculación coas rutas xacobeas á capital galega, mesmo poderíamos dicir que este é o camiño conduce ás orixes do Camiño de Santiago.

Dende o ano 2010 a Pedronía é expedida polo Concello de Padrón aos peregrinos tras a súa chegada a Padrón solicitan dito diploma na Oficina de Turismo, no Albergue de Peregrinos o unas dependencias municipais.
Os requisitos para a obtención da Pedronía na actualidade son bastante flexibles, pois non é obrigatorio comezar o camiño nun punto determinado, aínda que sí é preciso camiñar un mínimo de 18 quilómetros. Ademáis de a pé, tamén se pode acadar a Pedronía en bicicleta, a cabalo ou pola ruta fluvial da ría de Arousa e o Río Ulla.
Cómpre non esquecer que para a xustificación da peregrinaxe a Padrón faise preciso contar cunha proba selada de ter percorrido os quilómetros requeridos. En ocasións os peregrinos do Camiño Portugués adoitan solicitar a Pedronía ao seu paso pola vila amosando a súa carta de credenciais, aínda que existe a “Carta para a obtención da acreditación de Pedronía”.

Cartaobtencionpedronia_padron

Acreditación oficial para a obtención da Pedronía

Unha vez chegados á vila de Padrón para a obtención da Pedronía son recomendables as visitas ao Pedrón, á Igrexa de Santa María de Iria Flavia, á Fonte do Carme e Santiaguiño do Monte.
Na web do Concello de Padrón pódense consultar os detalles para a obtención da Pedronía 

Fonte do Carme

Fonte do Carme

Como remate a este post, ademáis de animarvos á obtención da Pedronía gustaríanos compartir instantáneas de algúns dos lugares máis encantadores de Padrón que non deberíades deixar de visitar, pois Padrón, ademáis do Camiño de Santiago e os pementos de Herbón, conta con un interesante patrimonio cultural.

20150825_202523    Convento do Carme 20150704_180005      Dornas no río Sar

xardinbotanico

Xardín Botánico-Artístico de Padrón

20150626_123155Homenaxe a Camilo José Cela 20150825_175438Homenaxe ás sementeiras no Casco Antigo de Padrón
20150825_204352Igrexa de Santiago de Padrón e Monumento a Rosalía de Castro.

Deixar un comentario