Retomamos a actividade Galicia modo ON para vos presentar unha iniciativa cultural que vai ter lugar o vindeiro 22 de Agosto na localidade de Noia (A Coruña) chamada “Ponte un SanCosmeiro”
Ponte un SanCosmeiro trata de poñer en valor os aspectos tradicionais da cultura galega que adoitan estar máis esquecidos a través dunha xornada de festa onde o gran protagonista é o sombreiro sancosmeiro (típico sombreiro artesán elaborado nesta zona que adoitaban utilizar as campesiñas para as tarefas do campo) e a vestimenta tradicional galega en xeral. Nesta cita non falta tampouco falta a boa música, e outros moitos detalles que poderedes consultar na páxina de Facebook da organización Ponte un SanCosmeiro
Tivemos a sorte de poder contactar coa organización deste evento para que nos contase como xurdiu a idea, e tamén así coñecer o seu punto de vista sobre distintos aspectos da nosa cultura. Hoxe publicamos a entrevista que nos concederon, verdadeiramente interesante:
Galicia modo ON.- Primeiramente gustaríanos felicitarvos por tan interesante iniciativa. En poucas palabras, poderiades explicar cal é o voso principal obxectivo?
Ponte un SanCosmeiro.- Moitas grazas, Susana pola túa acollida. O obxectivo principal é sair vestidos co traxe tradicional galego o día da festa , tal e como acontece noutras comunidades autónomas.
Galicia modo ON.- Quen ou quenes vos agochades detrás desta orixinal idea?
Ponte un SanCosmeiro.- Ponte un San Cosmeiro, nace a partir das reflexións de sete amigos sobre a feira Andaluza que hai dende 3 anos na nosa Vila. Todos estabamos de acordo en que este tipo de feiras non pintan nada na nosa comunidade Autónoma. Pero non só nós, se non moitísima máis xente coa que individualmente faláramos cada un porque durante a semana previa e a semana posterior da feira ,era un tema moi habitual de conversa. A todos nos comentaran, que en vez de esta feira de abril, tiñan que montar algo relacionado coa nosa cultura.
Entón, xurdíu a idea e alguén formulou a pregunta: E porque non nos vestimos o día da festa co traxe tradicional e baixamos a tomar o vermút con el? A todos nos pareceu unha idea fantástica e marcamos a data do 22 de agosto coincidindo coas festas de San Bartolomé, ainda que pensamos que a data ideal sería na Feira de San Marcos. Ao principìo, dixémosllo á xente das nosas pandillas aos que lle parecía unha boa idea pero logo pensamos facelo público porque seguro que hai máis xente que lle apetece. Entón empezaron a fluír moitas ideas: Oe!, pois podíamos crear unha ruta de viños, e que se vestisen nos locais participantes, e podíamos convidar a varias agrupacións musicais para que amenicen as rúas, e podíamos intentar poñer un concerto á hora do vermút para que a xente se animase, estaría moi ben que logo fósemos a comer todos a pulpeira, e facer un pasarúas, e moitas máis cousas chulas relacionadas coa nosa cultura que si esto sae ben , pódense programar con tempo para o ano.
Galicia modo ON.- A quen vai dirixido este evento?
Ponte un SanCosmeiro.- A todo o mundo que estea orgullospo de ser galego e que teña gañas de pasar un bo rato.
Galicia modo ON.- É preciso dispoñer dalgunha prenda especial para poder participar de xeito activo nesta celebración?
Ponte un SanCosmeiro.- Noooon, o fundamental é que a xente participe igualmente.O ideal sería que a xente baixase co traxe tradicional, pero non todo o mundo o ten, así que calquera prenda , Un San Cosmeiro, un pano, unha montera… Calquera cousa vale para meter o gusanillo no corpo e animarse a facelo para o ano que ven. De ahí o nome de Ponte un San Cosmeiro que é algo moi tipico da nosa terra.
Galicia modo ON.- Contades coa boa acollida dos noieses o día 22 de Agosto (sabemos do espíritu festeiro desta localidade)?
Ponte un SanCosmeiro.- Pensamos que sí. Felicitounos moita xentye, ainda que tamén somos conscientes de que hai xente que non o ve, pero bueno, ciomo todalas cousas non? Non ppode chover a gusto de todos.
Galicia modo ON.- Tedes previsto realizar novas edicións deste tipo de eventos que benefician a difusión de aspectos culturais galegos tradicionais?
Ponte un SanCosmeiro.- Como xa comentamos, si esto sae ben , temos moi boas ideas para o próximos ano. Por exemplo, sería ideal unha mostra de traxes tradicionais, pero non nun local pechado ao que non iría todo o mundo senon nos distintos escaparates dos comercios noieses. E non dicimos máis que se non non é sorpresa!
Galicia modo ON.- Falando un pouco dos sombreiros “sancosmeiros”, é posible que nestes últimos anos fose caendo en desuso a súa utilización, mais por sorte aínda quedan artesáns que crean e, ás veces innovan xogando coas cores dos mesmos. Segundo o voso criterio , que opinión vos merece a “reinvención” de elementos de vestimenta tradicional para a súa adaptabilidade a unha moda actual?
Ponte un SanCosmeiro.- Sí, claro que foi decaendo. De feito, hai moi pouquiñas mulleres que fan estes sombreiros e as que hai xa son bastante maiores. Hai unha asociación en San Orente que intenta facer actividades para que esta xoia artesá non se perda. Estamos en contacto e falaremos para o ano. Pensamos que todo ten que ir evolucionando, e si que se debe de ir adaptando aos novos tempos.
Galicia modo ON.- Moitas grazas pola vosa colaboración!.
Ponte un SanCosmeiro.- A ti Susana por interesarte por esta iniciativa que a levamos a cabo con moita ilusión , e gustaríanos agradecer a todas aquelas personas que van a facer posible.
Imaxes: Ponte Un SanCosmeiro
A feira andaluza non foi o motivo polo que naceu esta boa idea e formamolo o grupo. Unha cousa e a identidade e outa e a charanga, hai xente que ainda non se enterou, non publicar cousas que non son verdad
Boa tarde Curro
En primeiro lugar queremos darche as grazas por ler o noso blog Galicia Modo ON, e por suposto por nos deixar un comentario.
En canto ao post que informaba da iniciativa “Ponte un SanCosmeiro” só queremos aclarar que as respostas da entrevista publicada no blog foron facilitadas pola organización do evento, e publicáronse de xeito literal.
Ante calqueira dúbida que poida surxir en canto ás respostas cremos que sería aconsellable que o aclarases directamente coa organización.
Un saúdo!