Dende hoxe, e ata o 16 de Marzo, Pontevedra acollerá o Congreso Internacional da Camelia 2014 (International Camellia Congress 2014).
Arredor de 250 congresistas expertos en botánica (e específicamente na camelia), vidos de recantos espallados por todo o planeta (Australia, Estados Unidos, China, Xapón, Italia, Francia, Italia…) acudirán estes días a Pontevedra para ilustrar tanto a profesionais, coma público en xeral, acerca das particularidades desta flor, que chegadas dende Oriente hai séculos, atoparon en Galicia o hábitat perfecto para ser parte do seu paisaxe, a adornar así señoriais pazos, xardíns e parques, creando espazos únicos.
A programación para os días do Congreso Internacional da Camelia 2014 é moi completa e extensa. Ademáis das ponencias levadas adiante por expertos nacionais e internacionais, están previstas as saídas e visitas a xardíns representativos coma os do Pazo de Lourizán, Pazo de Rubiáns, Castelo de Soutomaior (xardíns que forman parte da Ruta da Camelia). Tamén están contempladas actividades para a identificiación e caracterización desta flor; e exposicións (o sábado 15 de marzo, terá lugar a Inauguración do 50º Concurso Exposición Internacional da Camelia, en Vigo).
Outro dos eventos “satélite” do Congreso Internacional da Camelia 2014 terá lugar na propia sede do mesmo (Centro Social NovaGaliciaBanco, de Pontevedra), trátase dun mercadiño temático da camelia que estará activo todos os días do Congreso (entrada libre), onde calquera que o desexe terá oportunidade de se facer con distintos produtos e artigos que teñen na flor da cameia a súa grande inspiración: xabón de aceite de camelia (fabricado polas Monxas do Mosteiro de Armenteira), reproducións de camelias en esmaltes, porcelanas, camisolas, bolsas, cadros e adornos exclusivos.
Agardamos que o evento cumpra as expectativas dos organizadores, e que chegue a converterse nun forte punto de promoción turística da nosa terra a nivel internacional, non só pola propia Ruta da Camelia, senón tamén por tantos outros ricos recursos turísticos que Galicia ten por ofrecer.
Aconsellámosvos que visitedes a web oficial do Congreso Internacional da Camelia 2014 http://www.camellia2014.depo.es/ para consultar a información detallada do mesmo (inscripcións, programación, novas, post congreso, etc.)
Documentación e imaxe cartel oficial: http://www.camellia2014.depo.es
Imaxes camelias: Galicia modo ON.