Unhas gotas de dozura, un chisquiño de enxeño, e unha gran dose de corazón, ésta parece ser a fórmula do proxecto que hoxe imos presentar: Cukie Cake Project

A iniciativa que leva o nome de Cukie Cake Project, centra o seu traballo na elaboración caseira de doces imaxinativos, agasallos perfectos para calquera ocasión na que busquemos sorprender cun detalle único e personalizado, (aniversarios, Nadal, San Valentín, vodas, nacementos, bautizos, graduacións, eventos de caquera tipo nas cal a nosa teima sexa acertar).
Aínda que as galletas elaboradas por Cukie Cake Project gocen de boa popularidade, este equipo esmérase por diversificar a súa elaboración, traballando tamén no deseño de elaboración de outros postres como as tan de moda cupcakes ou tartas de fondant.
Pero o traballo do equipo de Cukie Cake Project vai máis alá da elaboración de galletas creativas, a súa preocupación por coidar ata o máis mínimo detalle exténdese ao proceso de etiquetado e envasado dos codizados doces, onde non faltan tarxetas, caixas, pegatinas e paquetes de deseño exclusivo, en concordancia co produto que dentro portan. Neste punto é preciso mencionar a colaboración de outros amigos más centrados na decoración e deseños para todo tipo de eventos, colaboradores que tamén destacan polo seu bo facer, estamos a referirnos a The Godmother.
Outro factor que fai blilar con más forza a Cukie Cake Project é a coidada presenza en medios sociais coma Facebook ou o seu blog , onde os contidos de calidade (fotografías e sinxelas descripcións) acaban por reforzar a gran personalidade que xa por sí mesma fai única a esta iniciativa.
Dende Galicia modo ON damos as grazas a Cukie Cake Project pola súa colaboración co noso blog, e gustaríanos animarvos a que en primeira persoa desfrutedes dos servizos deste equipo de profesionais, pois somos do pensamento de que cando algo é feito con corazón, só podemos esperar un doce resultado, e nesta ocasión é indiscutible.
Fotografías: Cukie Cake Project
Pingback: Un espacio para descubrir: GALICIA MODO ON | CukieCake Project: tartas de fondant, galletas decoradas, cupcakes, cake pops y dulces personalizados