Galicia modo ON.- Blues, country e soul galegos… The Lákazans


Traballo en equipo, ilusión e paixón pola música de calidade. Dende fóra atreveríamonos a dicir que estas poden ser as señas de identidade do grupo que hoxe vos imos presentar, The Lákazans, unha nova banda de Boiro que pouco a pouco trata de buscar o seu oco no panorama musical galego.

The Lákazans

Fascinados polos grandes clásicos do blues, soul, country, e rock&roll , The Lákazans engaden ás súas versións un toque moi xenuíno, enérxico e profesional. Con total sintonía, os sete compoñentes desta formación (Isma-guitarra e armónica;  Trilli-batería;  Benja-guitarra, slide guitar e mandolina;  Almudena-voz;  Sabela-voz;  Figui-armónica e Fran-baixo) defenden ademáis algún que outro tema composto por eles (tamén en inglés), onde co seu estilo tan persoal e coiado conseguen facer sentir seus os temas que interpretan.

The Lákazans. Proud and Humble

Estes días tivemos a sorte de coñecer a Benja, que  ademáis da guitarra, é tamén membro fundador da banda. Queremos darlle as grazas por nos adicar parte do seu tempo a respostar á nosa entrevista.

Galicia modo ON.- Como e cando xurdiu a creación de The Lákazans?

The Lákazans.- The Lákazans formouse ao longo do ano pasado no bar Miudo, en Santiago de Compostela. Despóis de dous anos facendo jams (Trilli, Almudena, Pablo, Isma, Chiri e Benja) en bares como A Pousada das Ánimas, o Bloody Mary e o local social Aturuxo, decidimos dar un paso máis. O primeiro foi o nome, que xurde a raiz dunha noite de festa en Santiago de Compostela. Alí estabamos, entre outros, Trilli, Roi (irmán de Sabela) e máis eu. O nome ocurréuselle a Roi. E pensamos que ademáis da orixinalidade que ten, capta tamén o espíritu blusero da banda.

A finais do 2011 incorporamos a un vocalista multi instrumentista (Andrés Miranda),  o que nos obligou a traballar os temas con maior seriedade e deixar o concepto de jam un pouco máis de lado, concepto que nunca chegou a desaparecer de todo. De feito a maioría dos arranxos foron froito de improvisacións en directo. Ás veces tamén nos acompañaba  Almudena, vocalista da que nos quedamos namorados dende a primeira jam que compartimos hai aproximadamente uns tres anos. Cando levábamos tres meses tocando no Miudo apareceu por alí una rapaza (Sabela) aparentemente tímida que comezou a cantar algún tema dende a mesa na que se sentaba para vernos. Alí se agochaba detrás do folio. E mércores tras mércores ía incorporando algún tema máis ao repertorio. A cousa non pintaba mal pero penso que ninguén se podía imaxinar unha evolución semellante, con razón a chamaban “a negra”. Nos directos é un foco de atención constante, e non só pola emoción e a sensibilidade coa que canta, senón tamén pola súa posta en escea, é todo un espectáculo vela.

Galicia modo ON.- Sendo un grupo de tantos compoñentes, onde cada un ten as súas propias reponsabilidades (estudos, familia, traballo, etc.)…custa moito coordinarse para a realización de ensaios e actuacións?

The Lákazans.- Nun principio non costou nada porque  ía quen podía, de feito fixemos concertos en todos os formatos (duo, trío…).  Pero una vez que comezou a coller  forza a cousa,  quixemos ir con todas as armas, e foi bastante complicado. De feito tivemos que botar man de outro batería (Lical) para os concertos nos que non podía vir Trilli. Agora mesmo o que máis pena nos da é non poder ir coas dúas vocalistas, xa que se unha pode ir nos fins de semana, a outra só pode durante a semana.

Galicia modo ON.- Aparte da música, cal é o motor de The Lácazans ?

The Lákazans.– Cada un de nós asume as funcións que máis acordes van coa sua personalidade. A min tócame un pouco a tarefa de organizar. Fran é o máis implicado na producción. Destacaría a ilusión, o traballo, e a enerxía de Figui, pensó que todos nos deberíamos contaxiar del para que esto tirase con máis forza.

Galicia modo ON.- Chama a atención que interpretedes temas en inglés e en francés, e non en galego ou castelán. Hai algunha razón para isto, ou simplemente vos gusta serlle fieis aos estilos musicais cos que traballades?

Interpretamos  clásicos do blues, do country, do soul… Toda é música americana, feita en inglés. O natural para nós é facelo no idioma que escoitamos e sentimos esas cancións. En canto ós temas propios, tiñamos dous. Un está escrito en castelán, porque tiña un aire mexicano, e o ourtro é un blues. A verdade e que Sabela compuxo as duas letras, e ninguén lle preguntou sobre do idioma, entendo que si o fixo así foi porque lle resultou máis axeitado para eses temas. Non descartamos temas en ningún idioma. Do que sí estou seguro e de que a razón que nos faga escoller un idioma ou outro, non vai ser ideolóxica. Simplemente se fará no idima que nos resulte máis apropiado para determinada canción.

Galicia modo ON.- O que está claro é que convosco se reafirma a teoría de que a música é unha linguaxe universal (sexa cal sexa o idoma no que vos expresedes)..pois sempre se percibe gran satisfación tanto no voso público coma nos que contan convosco para amenizar as noites nos seus locais, que adoitan repetir a experiencia. Cal credes que é o éxito da boa acollida da vosa música?

The Lácazans.-  Nunca pensei que unha música de minorías tivese unha acollida tan boa. Supoño que parte do éxito que está tendo ten que ver, tanto coa interpretación, coma o enfoque que lle damos. Isto fai posible que se poida tocar en contextos moi diversos. Outro dos motivos, pensó que é a escolla de temas, e a coherencia (en canto a son) que hai entre eles. Por  último engadiría que todos tocamos en beneficio da canción, que nos gusta escoitarnos, respetarnos e desfrutar do que fan os demáis.

Galicia modo ON.- Que significa para un grupo como The Lácazans poder tocar en tantos e tan variados locais galegos?

The Lákazans.- Significa poder facer o que  che gusta e darte a coñecer para poder seguir  adiante. Para nós esta experiencia está sendo máxica.

Galicia modo ON.- Imaxinamos que para vós sería un soño podervos adicar de xeito profesional á música, inda que hoxe por hoxe non sexa demasiado fácil. Para acadar tal fin, a que lle daríades máis valor como grupo, ao lanzamento dun disco, ou á posibilidade de facer música en directo en salas ou recintos especiais?

The Lácazans.- Temos pensado sacar un disco, pero hoxe por hoxe é impensable vivir diso. A única forma é tocar, e facelo cada vez mellor. Non creo que haxa outro camiño no noso caso.

Galicia modo ON.- Poderíase dicir que o ano 2012 foi o ano de despegue para The Lákazans, xa que sobre todo nos últimos meses non cesou a vosa actividade. Que lle pedides ao recén estreado 2013? ¿Proxectos de futuro?

The Lákazans.- A nosa idea para o 2013 é poder ter o disco rematado para febreiro ou para marzo. Por outro lado seguir tocando todo o que poidamos. E outra das cousas que temos en mente sería ir a Dublin una semaniña xunto ó noso amigo Xurxo Paz, e facer un pouco de ruido por aquelas terras virxes.

Dende Galicia modo ON queremos agradecer a  The Lákazans e por suposto a Benja, por nos adicar parte do seu tempo, e desexarlles moita sorte pois profesionalidade, non lles falta!

The Lákazans. Blue Moon Of Kentucky 

The Lákazans. Je Veux

Foto: The Lákazans

5 opinións sobre “Galicia modo ON.- Blues, country e soul galegos… The Lákazans

    • Paco, muchas gracias, (por la parte que nos toca, aunque ellos son los protagonistas!)…la verdad es que con The Lákazans es muy fácil, son tan profesionales como encantadores!
      Por supuesto que sería un honor que diéseis difusión a la entrevista en Blues Galicia(sería de agradecer que mencionáseis la fuente)
      Mil gracias por vuestro interés, un placer, por cierto, saber de vuestra existencia!

  1. Pingback: Galicia modo ON.-O II Maio Vintage Market nas rúas de Boiro. | Galicia modo ON

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s