Galicia modo ON.- O gran concerto Jard Rock CON FE dos Heredeiros da Crus!


Sabedes quenes son alcumados “Os máis jrandes”?
Os Heredeiros da Crus, e o certo é que dende Galicia modo ON podemos afirmar que este alcume non lle queda precisamente grande.
Se xa hai un mes vos falábamos neste blog da continuidade da mítica banda galega logo da súa volta no ano 2012 (coa presentación ante os medios de comunicación do seu novo traballo, Jard Rock CON FE e unha data para o concerto-presentación, 24 de Maio) hoxe compartimos convosco a nosa pasada polo concerto do que todo o mundo fala.
Jard Rock CON FE
Máis de mil persoas acudiron á sala LP45, no municipio de Ordes, o pasado venres 24, a coñecer en primicia os novos temas dos Heredeiros. O concerto presentación de Jard Rock CON FE foi a ocasión perfecta, non só de escoitar en directo as novas cancións, senón tamen de adquirir de xeito exclusivo o seu novo CD Jard Rock CON FE (pois non ata o momento non se atopaba á venda en ningures, aínda que xa é posible escoitalo en Spotify)
.
Nun  vibrante concerto de case 3 horas de duración, onde non faltaron nin os lucidos efectos de luz e son, nin toda unha banda profesional de metais, coros e teclados, os Heredeiros da Crus entregáronse en corpo e alma aos seus seguidores…interpretando temas novos, Fransisco Chousa El Campeador, Supernovedá; e temas de sempre,como Que Jallo É, Non quero nada de ti. Ao unísono cantaban con euforia, os fieis seguidores, un público que sempre mantivo unha química moi especial cos “máis grandes”.
DSCF0723   DSCF0730 DSCF0737  DSCF0735
Dende Galicia modo ON queremos agradecer públicamente a Airapro Producións a súa invitación a facernos testemuña da presentación do Jard Rock CON FE, e trasmitirlle os nosos parabéns pola súa entrega…levan moitos días traballando duro e finalmente conseguiron facer do evento todo un éxito.
E aos Heredeiros da Crus agradecémoslle tamén a súa amabilidade, desexamos que este disco lle devolva só satisfacións…..LONGA VIDA AO ROCK AND ROLL HEREDEIRO!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s