Galicia modo ON.- Presentación do libro de receitas da larpeira Merchi Rodal


Hoxe traemos un post dos máis doces, deses que nos gustan tanto!

Unha larpeira con moito nivel, Merchi Rodal, xerente dos apartamentos turísticos Rodeiramar2A e colaboradora no programa de televisión LARPEIROS, ven estes días de presentar o seu primeiro libro, que recolle moitas das receitas preparadas no programa da Galega.

O seu libro de postres “As Lambetadas de Larpeiros” ten receitas para todos, afecionados ou non á repostería, postres tradicionais e outros máis reinventados, todos eles apetitosos e acompañados dunha  impecable presentación.

A través do blog http://lambetadasconmerchi.com/ é posible facerse cun expemplar do libro firmado pola reposteira.

http://lambetadasconmerchi.com/

Merchi quixo, na entrevista que lle propuxemos, compartir máis cousiñas connosco en relación a este libro.

Galicia modo ON.- De onde lle ven a Merchi Rodal, licenciada en Ciencias do Mar a paixón pola repostería?

Merchi.– Despois de estar facendo prácticas na universidade de Gent (Bélxica) e pasar máis de 3 anos traballando en proxectos de Investigacións Mariñas, voltei a traballar no negocio familiar. Foi nese intre cando me din de conta de que tiñamos que buscar un elemento diferenciador, convertindo a “debilidade” de ser un pequeno negocio familiar, nunha vantaxe competitiva. A experiencia dun almorzo familiar e caseiro, con unha boa conversa e con productos caseiros ía convertirse nunha marca de identidade de Rodeiramar 2A. Foi entón cando empecei  a facer cada dia un bistoito, unha tarta… cada dia unha cousa diferente, pero o primeiro paso, a verdade, foi poñer zume de laranxa natural.

Como veño dunha familia de hostaleiros ( eu xa son a terceira xeneración)e miña avoa cociñaba moi ben e a miña nai tamén… ¡supoño que algo sempre queda!

Galicia modo ON.- No libro, parece que as receitas estean ao alcance de todo o mundo, sexa experto ou non no mundo reposteiro. Pero para ti ¿cal é a mellor virtude que debe ter unha persoa á hora de preparar postres?

Merchi.– A verdade é que si, que están ao alcance de calqueira, e esa é a filosofía do libro. Son receitas sinxelas pero moi agradecidas, e sempre empregando productos fáciles de atopar nos mercados e ensalzando aos nosos productos, aos nosos mercados e aos nosos productores. Hai tamén agochado en todo isto un tema medioambiental, que pode ser pola miña formación, que me obriga a respeitar o Medioambiente. Consumir productos de tempada fai que a pegada ecolóxica diminúa moito. Non é o mismo ir a túa horta a coller unha laranxa para facer un zume, que a que veña unha naranxa dende un pais lonxano, como por exemplo, poida ser Brasil. Esa naranxa leva miles de quilómetros nas costas, antes de chegar aquí. Unha vez aquí hai que levala a unha planta de procesado, lavala, desinfectala e aproveitala para facer zume. Despois de ter o zume listo hai que envasalo nun envase, previamente procesado, con tapón, etiquetas, embalaxe etc, etc, etc. Está claro que a contaminación xerada pola naranxa da túa horta non e o mismo que a naranxa chegada dende 5000 quilómetros de distancia.

As virtudes que debe ter un reposteiro ou alguén afecionado a repostería, son o cariño que lle poñas ao que estas a facer, e a utilización de productos de calidade. Ademais, xa no caso particular dos pasteleiros, tenen que ter un pouco de paciencia,  tanto a hora de esperar a que as masas acaden o punto preciso, coma para conseguir botarlle a cantidade axeitada dos ingredientes… e non ser moi despistado para que non se nos pasen as lambetadas no forno! Esta é unha parte moi importante.

Galicia modo ON.- Ti co teu sorriso e bo facer aportas un toque moi doce ao programa Larpeiros, pero que che aportou o programa a ti?

Merchi.– Moita satisfacción persoal e profesional. Larpeiros é un programa moi querido polos galegos e todas as experiencias que teño coa audencia son enormemente positivas. A familia dos Larpeiros transmite felicidade e armonía. A audiencia recolle esa positividade e volve a nós a través deles. Blog, redes sociais, tele, radio, libro…..non sei  a onde chegará, pero de momento é alucinante.

Galicia modo ON.- Eres golosa ou eres das que prefires preparar os postres para outros? Que é o que máis che gusta cociñar?

Merchi.– Gústanme os doces, e gústame probalos…pero sen lugar a dúbida o que mais me gústa é cando os proban outros e vexo nas suas caras que disfrutan co que eu cociño.

Procuro pensar nas persoas que van a probar as miñas larpeiradas, e decido facer un ou outro doce en función de quen os vaian a comer. Así por exemplo, se son nenos fago gallegas de chocolate, ou con formas. Se hai xente xoven fago cupcakes, e se son hóspedes de mediana idade pois unha bica,empanada ou roscas…

Galicia modo ON.- É a primeira vez que traballas nun libro? Que aprendiches desta experiencia? Se tiveses que escoller entre libro ou televisión como canle para dar a coñecer as túas receitas, con cal te quedarías?

Merchi.– Gustoume moito a experiencia de escribir o libro, ademais tiven a grande axuda de Nyxstyle; Sofi e Fani as fotógrafas e Laura, a estilista. Elas fixeron que o libro quedara cunha fotografia preciosa. Tamén os da editorial Galaxia fixeron un gran traballo coa maquetación.

A verdade e que os dous medios son complementarios, non saberia por car decantarme ¡e ademais agora empezo tamén cun blog www.lambetadasconmerchi.com, no que empezarei a colgar receitas tanto escritas como en formato vídeo.

Galicia modo ON.- Moitas gracias Merchi pola túa colaboración co noso blog. Desexamos que o libro sexa un éxito, ben seguros estamos de que fará as delicias de moitos larpeiros(entre os que nos incluímos) . Este último espazo cedémoscho para que nos contes a quen adicas os teus agradecementos, ou comentes outra cuestión que che apeteza compartir connosco.

Merchi.– Os meus agradecementos van a todas as persoas que me axudaron a que este libro saira adiante, empezando pola miña familia. Meu pai, que sempre está disposto a probar as miñas lambetadas, á miña nai que me transmitiu a convicción de que a maior satisfación do noso oficio é ver satisfeitos a aqueles para os que traballamos, e Fran o máis crítico e o que mais me anima a mellorar. Él me axudou a dar coa fórmula perfecta a cada lambetada, e sigue axudándome e aconsellándome en todo o que está sendo a promoción do libro. Ademáis e entre ti e máis eu….e o mellor Community Manager que teño 😉

Tamén teño moito que agradecer aos clientes e amigos do Hostal e dos Apartamentos Rodeiramar2A, en Cangas de Morrazo, que que eles probaron e celebraron cada día os biscoitos e tartas que eu lles ofrecia nos almorzos.

Nas receitas mais tradicionais, as mans das máis expertas que me rodean foron unha contribución decisiva ; Vicky, a tia Finita, Carmen, Laura e Maria Victoria… ¡moito aprendín delas!

E quero recoñecer tamén o cariño e o apoio de todos os meus compañeiros do programa Larpeiros da TVG, tanto de Leni, Lola, Benigno, Tomás e Adri, como dos que non saen diante das cámaras; Inés, Hitxu, César, Andrea, Carmen, Jose,Iria, Iván, Emilio, Nacho,….e por suposto a Raúl.

E para rematar… a Xosé Cermeño, creador do programa Larpeiros, porque sen él nada disto podría ser posible.

Fixen o libro Lambetadas dos Larpeiros con moita alegria, convencida de que cociñar doces e lambetadas é unha maneira feliz de pensar nas persoas que máis queres.

Foto: Lambetadasconmerchi.com

Advertisements

2 thoughts on “Galicia modo ON.- Presentación do libro de receitas da larpeira Merchi Rodal

  1. Enhorabuena a Merchi por esta nueva aventura. Nos tiene conquistado a todos con su dulzura y simpatía. Y a ti por este espacio que nos permite conocer a tanta gente interesante de esta maravillosa tierra. Un bico a las dos.

    • Gracias Loly!! es un gustazo ir conociendo gente tan interesante que pone todo su corazón en los proyectos que hacen….qué menos que apoyarlos modestamente desde este blog. Un abrazo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s