Galicia modo ON. Vai de Tapas Noia


Logo dunhas semanas de descanso retomamos actividade do blog para compartir convosco unha iniciativa que se está a desenrolar ao longo desta fin de semana na vila coruñesa de Noia. Estamos a falar do concruso Vai de Tapas Noia.

IMG_7810

Cartel promocional do evento Vai de Tapas Noia

A presentación de dito evento veu dada por un Show Cooking na praza de abastos de Noia, onde foi posibe achegarse ás codizadas tapas e aos mestres da gastronomía, que con mimo foron compartido os segredos das distintas elaboracións.

IMG_7804

Aproveitando a boa acollida que están a ter en distintas localidades galegas os eventos gastronómicos relacionados coa preparación de tapas, trece restaurantes noieses dediciron participar desta iniciativa, e ofrecer así aos seus clientes e visitantes novas posibilidades de degustación do produto estrela de Noia, o berberecho.

Deste xeito, todas as tapas ofrecidas durante esta fin de semana están elaboradas a base do mellor berberecho noiés, acompañadas, eso sí, doutros produtos gastronómicos interesantes. Ademáis da tradicional e famosa empanada de millo de berberechos, é posible atopar outros exemplos máis innovadores, coma o Berberecho ao Gin Tonic, do restaurante Mar da Vila;  Carpaccio de berberechos e polbo en pan de millo, da Tasca Típica; Ensalada de wakame con berberechos e maionesa de wasabi, de Casa Boto; ou Milfollas de berberechos e espinacas con alioli gratinado, do Babilonia Bar.

berberechogintonic

Berberechos ao  Gin Tonic, restaurante Mar da Vila. (Foto: Carmen Fernández).

O custo das tapas é de 1.50 €. Este concurso permite puntuar cada unha das tapas de 0 a 5. O xeito de premiar a participación cidadá resúmese na participación do sorteo dun MP4 a aqueles que consigan alomenos 3 selos de diferentes locais. As bases do concurso pódense contemplar no Facebook de Noia Histórica.

Consideramos esta actividade moi interesante e produtiva, pois tamén axuda a potenciar o consumo do berberecho galego, ademáis de contribuír á boa promoción da gastronomía da vila. A única mágoa desta inciativa é o curto da súa duración. Nós, convencidos de que esta será a primeira de varias edicións, aventurámonos a crer que nas vindeiras non só aumentará a participación dos negocios da zona, se non que tamén se extenderán os días de desfrute das tapas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s