Sempre dicimos que acudir a eventos Social Media, coma o Foro Unirede, adoita ser unha experiencia interesante, sobre todo para coñecer aqueles traballos que se están a desenrolar no panorama actual do Social Media galego. Se no post da semana pasada nos detivemos a presentar a iniciativa dos amigos de LugOtea, hoxe facemos o propio co traballo que está a desenrolar Alejandro Iglesias, estudante de Psicoloxía en Compostela.
Alejandro compaxina a súa situación de estudante coa tarefa de paseador de cans e coidador de mascotas na cidade compostelá.
Na súa páxina web http://www.walkkingdogs.com/ explica de forma detallada todos os servizos que ofrece, así como a zona de “operacións” dentro da cidade (os parques nos que adoita levar os cans a pasear). Ademáis do paseo de mascotas, é posible contratar outros servizos, como visitar e alimentar ás mascotas na ausecia dos seus donos.
Ademáis do inxenioso xeito de conseguir uns extras no apoio aos estudos, gústanos o proveito que lle está a sacar Alejandro ás redes socias, estando Walkking Dogs presente nas máis importantes: Facebook, Twitter, WordPress, Youtube, Pinterest e Tumblr.
Queremos darlle as grazas de novo por nos permitir achegarnos un pouco máis a el, a través desta pequena entrevista:
Galicia modo ON.- Como naceu en ti a idea de poñer en marcha esta actividade?
Xurdiu por dous motivos. O desexo de quitarlle unha carga económica ós meus pais e porque, aparte de que me encantan os animais, gústame moito o marketing e isto do “social media”. Polo que coido que tamén me sirve para aprender e expoñer as miñas cualidades nestes ámbitos.
Galicia modo ON.- Existe un perfil no tipo de cliente que require dos teus servizos como coidador de mascotas?
Si, a maioría son mulleres de entre 25-45 anos.
Galicia modo ON.- Que cualidades, aparte de lle gustar os animais, debe posuír un bo paseador de cans ou coidador de mascotas?
Tampouco quero ir de experto, nin moito menos, polo que simplemente direi que moita paciencia, certa man cos animais e logo o tempo e a experiencia de tratar con diversos cans e gatos. Pero unhas nocións de psicoloxía canina ou etoloxía sempre son moi recomendables, de feito pode ser outra vía para difersificar isto co tempo, nunca se sabe.
Galicia modo ON.- Sabemos que eres dos que valoran a potencialidade das redes sociais como ferramenta de promoción. No caso da túa actividade, che aporta esta forma de comunicación?
Si, aínda que como isto todavía non está asentado en Compostela e os clientes potenciais son moi específicos, custa chegar a eles en pouco tempo a través das redes sociais. Digamos que teño que ter máis seguidores e contactos que a maioría para dar cunha persoa interesada nos meus servizos.
Tamén me aportan coñecemento, a posibilidade de poñerme en contacto con grandes profesionais de diferentes sectores e toparme con persoas moi interesantes que ata nalgúns casos me ofrecen a súa axuda. Ademais, agora mesmo xa mo tomo case como un hobby co que me estou formando. Hai 3 meses case non sabía que significaba “social media” e nestes momentos apasióname.
Galicia modo ON.- Ao remate dos teus estudos de Psicoloxía, tes pensado adicarte de xeito profesional ao coidado de animais? E dicir, consideras que a túa formación en psicoloxía podería axudarche na creación da túa propia empresa?
Pregunta interesante e complexa. Considero que a Psicoloxía aplicada ó marketing, coa inestimable axuda das redes sociais, podería darme a oportunidade de obter outro tipo de ingresos. De feito teño unha idea-proxecto que se podería integrar en WalKKingDogs, na que as ganancias virían a través de anuncios online. Téñoa máis ou menos planificada e mesmo o falei con algunhas persoas do mundillo dos anuncios online. O problema… A falta de diñeiro, xa que tería que facer unha certa inversión. Nestes momentos con WalkKingDogs vou sacando uns cartiños para sufragar parte dos gastos que me ocasiona vivir en Compostela, pero tampouco me da para crear unha empresa, polo que aínda menos para invertir en proxectos paralelos.
Desexámoslle moita sorte a Alejandro nos seus estudos e agardamos que a súa actividade lle continúe a aportar tantos beneficios por moito tempo.
Foto: WalkkingDogs
Moi interesante
Ola Susana! Aproveito para darche as gracias no teu blog tamén, gracias! Gústame moito como quedou, como xa sabes. Aproveito para decir algo máis. Outra das razóns polas que me decidín por isto foi o seu horario flexible, algo moi importante para calquer estudiante. E por alusións… Gracias a ti tamén Eva, aínda que o che parecerá interesante imaxino que é a entrevista polo que o mérito ser non é meu.
Pingback: Galicia modo ON.- One Lovely Blog Awards |