Aínda que a nós nos custe entendelo, hoxe por hoxe, o abandono de mascotas segue a estar máis xeralizado do desexado na nosa sociedade. Isto é unha realidade máis ca palpable, por desgraza é doado coñecer casos de animais que, ignorados polos seus donos, deambulan tristes polas aldeas ou pobos, buscando algo de comida un pouco de agarimo…
Por sorte,existen entidades encargadas de lle buscar un futuro mellor a estes animais cando os seus donos renegan deles ou, por diversos motivos non poden continuar facéndose cargo deles. O exemplo témolo hoxe na Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa.
Entre as múltiples actividades e inicativas desta protectora, estes días previos ao Nadal, ven de presentar no seu mercadillo benéfico, que se celebra esta fin de semana, o seu popular calendario solidario.
Portada do calendario solidario 2013.
Hau un longo traballo detrás da edición do calendario solidario, ao igual que na propia protectora en xeral, son moitas as persoas que se implican de xeito desinteresado en lle facilitar a vida e lle buscar un fogar a estes animais.
Nesta edición, a diferencia doutras pasadas, os protagonistas (os simpáticos canciños e gatos da protectora) comparten portada nos distintos meses do ano con personaxes públicos galegos populares en distintos campos. Deste xeito, podemos atopar posando coas criaturas, ao medallista olímpico David Cal, o actor e humorista Isi, a “os máis jrandes” rockeiros galegos Heredeiros da Crus, ao actor Carlos Blanco, e outros moitos máis que quixeron aportar o seu gran de area e apoiar esta tan fermosa e necesaria causa.
O custo de cada calendario é de 5€, é posible facerse cun exemplar a través da propia protectora, ou tamén en distintas empresas da vila de Vilagarcía que colaboran poñendoos á venda. Podedes contactar coa entidade para coñecer ao detalle todas as empresas que colaboran con este proxecto.
Os Heredeiros da Crus, amigables coas mascotas.
Isi posa alegre cos cans da Protectora de Vilagarcía.
Aproveitamos a ocasión para vos invitar a todos a que participedes desta boa causa, custa pouco colaborar e a nosa aportación pode axudar moito.
Queremos agradecer á Protectora en xeral e a unha das súas colaboradoras eventuiais, Leti, por nos axudar coa publicación deste post e nos facilitar tamén as fotografías…desexámosvos moito éxito!
magnifico traballo, moitisimas grazas!!!
Gracias a vos e especialmente a ti, Leti! Agardo que axiña se vendan todos eses calendarios, e moito ánimo para seguir traballando nunha causa máis ca necesaria!
Un traballo moi bo e unha idea magnífica. A ver se se agotan axiña eses calendarios! A foto dos Heredeiros é preciosa