Galicia modo ON.-Lugo acolle o “I Congreso Nacional de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza”.


Un pouco máis verde torna esta semana o noso blog, para falar dun evento comprometido cunha causa que nos afecta a todos de xeito universal: o amor e respeto á natureza e ao planeta Terra en xeral.

congreso

O concello de Lugo acolle os vindeiros sábado 26 e domingo 27 de Outubro, o I Congreso Nacional de Documentalistas e Fotógrafos da Naturezaun evento que, baixo a experiencia e óptica de  documentalistas, fotógrafos profesionais e aficcionados apaixoados pola temática da natureza, tenta concienciar á sociedade do papel tan importante que xoga a súa implicación no coitado e respeto ao medio ambiente e recursos naturais que tan vitais acaban sendo para a supervivencia de todos.

I Congreso Nacional de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza

O I Congreso Nacional de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza conta cun interesante e extenso programa de actividades para os dous días, entre os que se contempla o concurso de fotografía “Naturalmente Lugo (un tour polas zonas verdes da cidade, do río Miño e do bosque da Fervenza); conferencias e proxeccións de profesionais (dez dos mellores de documentaristas e fotógrafos da natureza de España citados Museo MIHL); exposición fotográfica das zonas polares “El Viaje Polar”, de Carlos Caraglia,  explorador e fotógrafo de natureza ferrolán, fundador do proxecto que leva o mesmo nome (El Viaje Polar), e principal responsable de desta primeira edición do Congreso; cea e mesa redonda cos profesionais asistentes, nun enclave natural único, o aloxamento rural Casa Grande da Fervenza, onde aficcionados e profesionais poderán coñecer e intercambiar as súas experiencias e reflexións sobre a situación actual; ou unha soprendente concentración de profesionais e amateurs e calquera que desexe achegarse coas súas cámaras (ou móbiles) nunha xuntanza convocada nas inmediacións do Museo MIHL, na que se pretende inmortalizar aos asistentes cunha instantánea aérea.

Arredor do evento tamén se informa da ampla oferta de aloxamentos e servizos que os asistentes poidan precisar, así coma o procedemento de reserva de praza nas actividades que sexa preciso. Se estás pensando en asistir a este Congreso, podes consultar toda a información na web www.elviajepolar.es

QUEDADA MUNDIAL…Que farías ti para salvar o mundo?

O I Congreso Nacional de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza non pretende ficar en Lugo; ten a intención de dar a volta ao mundo. A organización do evento, El Viaje Polar quere convocar a persoas de todo o planeta para que o domingo 27 de Outubro publiquen no propio Facebook da inciativa unha foto, que poida suxerir respostas á pregunta Que farías ti para salvar o mundo? Logo disto, un mosaico mundial poderá demostrarnos que maior parte das respostas ao cariño e protección da natureza están na nosa propia man….non pensades?

Como podedes deducir, é sinxelo formar parte dalgún xeito da iniciativa proposta neste Congreso. Dende Galicia modo ON apoiaremos a iniciativa para axudar na conciención da tan necesaria implicación de todos no respeto e coidado do planteta…preservar a natureza é vital!  (permanecede atentos ao noso Facebook durante a celebración).

Imaxes: El Viaje Polar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s