Galicia modo ON.- Sabor a outono, sabor a cogomelos.


O outono…que terá o outono?

É nestas datas, cando a chuvia e as temperaturas propias do outono cobren Galicia e, inminentemente emerxen nos nosos camiños, espazos rurais e naturais, infinidade de cogomelos, pequenos tesouriños gastronómicos que difícilmente pasan desapercibidos ante os centos de admiradores que impacientes agardan todo o ano a chegada da tempada dos cogomelos.

Cogomelos en Galicia

Hai xa uns anos que a micoloxía se extendeu en Galicia, e cada ano suma o número de adeptos (existen varias asociacións micolóxicas na nosa xeografía) que gostan de coñecer máis sobre estes fungos: como recoñecer e diferenciar as variedades comestibles das tóxicas; os lugares onde se dan as mellores condicións para a o seu desenrolo; como cociñar e onde degustar estes manxares de bosque, etc.

Hoxe queremos destacar a relevancia das múltiples iniciativas que xorden en Galicia arredor da micoloxía. Pouco a pouco aumenta o número de iniciativas impulsadas dende diversos colectivos, asociacións micolóxicas, concellos, ou empresas que, dende distintos sectores (xeralmente hostelería e turismo),se implican aportando así unha oferta complementaria e enriquecendo a calidade da súa actividade.

Pero en si, as xornadas micolóxicas (colleita de cogomelos, actividades formativas, degustacións e festas gastronómicas) aportan aspectos moi interesantes e positivos a Galicia (sobre todo ás zonas locais onde se realizan), tanto dende o punto de vista turístico (poñendo en coñecemento espazos naturais e rutas turísticas da zona; axudando á desestacionalización turística) e gastronómico (potenciando a restauración cunha oferta culinaria específica que conta cun ingrediente natural e cen por cen galego); coma dende outro punto de vista ecolóxico e respeto ao medio natural (amosando o hábitat e natureza destes fungos, ensínase tamén a valorar, preservar e coidar o seu entorno natural).

PROPOSTAS MICOLÓXICAS EN GALICIA – OUTONO 2013

Dende Galicia modo ON queremos compartir convosco a información dalgunha das xornadas micolóxicas en distintos puntos de Galicia e levadas adiante por diversas entidades:

XornadasMicoloxicasPortodoSon

 III XORNADA MICOLÓXICA en PORTO DO SON (A Coruña)

O vindeiro sábado 2 de Novembro o Concello de Porto do Son organiza unha xornada micolóxica composta dunha parte teórica (formativa sobre os distintos tipos de fungos) e unha parte práctica (saída ao monte á procura dos cogomelos). Non se precisa inscripción (abonda con persoarse o día 2 no Centro de Interpretación do Castro de Baroña. Máis información no Facebook do Concello.

.

Asoc,Cotomanguelo Orazo_AEstrada

XI XORNADAS MICOLÓXICAS ORAZO (A Estrada, Pontevedra)

A Asociaciación Sociocultural Cotomanguelo imparte en Orazo, (A Estrada, Pontevedra) as súas xornadas micolóxicas, combinando cursos de iniciación á micoloxía (os días 13, 14 e 15 de Novembro) con saídas e degustacións (os días 1 de Novembro, 17 de Novembro e 6 de Decembro). O prezo é de 5€ por persoa. A información detallada pode ser consultada na conta de Facebook da Asociación Sociocultural Cotomanguelo.

IVXORNADAS MICOLÓXICAS NO MORRAZO (Pontevedra)

Puidemos coñecer a través do equipo de profesionais da pensión e apartamentos Rodeiramar 2A que tamén na comarca do Morrazo se organizan actividades micolóxicas. Por cuarto ano consecutivo, e coa colaboración da Asociación Micolóxica Naturalista Liboreiro ofértase na comarca (durante as fins de semana de outono, ata o 16 de Decembro) unha ampla variedade de actividades relacionadas coa micoloxía (xornadas formativas, rutas turísticas e ceas micolóxicas).

Son varias as empresas hosteleiras que participan na campaña micolóxia do Morrazo. Son 4 os aloxamentos da comarca (Rodeiramar 2ALa GaritaA Boubeta e Hotel Airiños) que aportan ofertas con tarifas especiais para os seus clientes.

Otoño-micologico rodeiramar

A cea gastronómica micolóxica ofértase no restaurante cangés Il Popolo e a súa carta está composta de elaboradas propostas gastronómicas irresistibles: tosta de crema de cogomelos e tetilla, croquetas de boletus edulis, milfollas de pollo y cogomelos con crema de grelos, pizza de cogomelos e chourizo picante, e solombo de xabarín envolto en serrano con boletus e marsala. O prezo do menú é de 18€.

Xornadas micoloxicasSanxenxo

XIII XORNADAS MICOLÓXICAS CELANOVA (Ourense) promovidas polo CONCELLO DE SANXENXO (Pontevedra).

As xornadas micolóxicas promovidas polo concello de Sanxenxo invitan a achegarse a Celanova (Ourense). O 14 de Novembro, un autobús trasladará aos participantes das xornadas dende Sanxenxo a Celanova para, despois dunha reunión na que se expoñerá información sobre os cogomelos e as normas de comportamento no campo, participar nunha saída guiada polos montes de Celanova, para participar posteriormente nunha degustación micolóxia e visita a explotación micolóxica Pan do Demo. O prezo da actividade é de 10€. Os detalles da actividade poden ser consultados na web do Concello de Sanxenxo. 

cartel outono micoloxico negreira2013   V OUTONO MICOLÓXICO NEGREIRA (A Coruña)

Dende o 26 de Outubro ao 30 de Novembro no Concello de Negreira repítense diversidade de actividades relacionadas coa micoloxía.

Promovido pola Asociación Micolóxica  Sendeiriña a iniciativa levada a cabo en Negreira ofrece unha proposta moi variada, onde non faltan as saídas micolóxicas, exposicións, conferencias, obradoiros e degustacións.

Parécenos interesante resaltar que estas xornadas teñen ocasión nun período de tempo moi amplo, practicamente un mes, e tal e como se aprecia no cartel, son numerosas as citas micolóxicas.

Podedes consultar os detalles no blog da Asociación Micolóxica Sendeiriña.

 

 

 

LUNS MICOLÓXICOS NO BAR PLAZA. Ribeira (A Coruña)

Todos os luns, dende o 14 de Outubro ao 16 de Decembro, celébrase no Bar Plaza (Ribeira) unhas xornadas promovidas pola Asociación Micolóxica RefungandoA asociación así, propón un espazo para invitar aos aficcionados á micoloxía a coñecer máis sobre esta arte: que especies evitar, resposta a dúbidas dos colleitores, técnicas, manuais de campo a empregar, claves para a identificación….toda a información técnica que se pode precisar para que a micoloxía siga sendo unha boa práctica. Ademáis esta asociación ten un blog onde comparten iniciativas micolóxicas que teñen lugar noutras zonas de Galicia.

cabecera-refungando

Apostamos a que noutras partes da xeografía galega ao longo desta tempada se repetirán iniciativas micolóxicas igual de interesantes que as expostas, por iso dende Galicia modo ON nos gustaría deixar o post aberto á inclusión de novas propostas e animamos aos impulsores das mesmas a que as compartan connosco, estaremos encantados de darlle difusión!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s