Galicia modo ON.- Cousiñas lanosas de Ovella Negra.


Almudena Dios acaba de facer realidade a súa ilusión: presentar ao mundo a través da rede as súas creacións persoais. Baixo a marca Ovella Negra, atopamos un universo de suavidade, amorosidade e moito agarimo polos artigos feitos a man (así como respecto polas materias primas de calidade).

Tivemos a oportunidade de charlar con Almudena e coñecer máis de preto o mundo Ovella Negra, e foi un grande pracer! Compartimos a entrevista:

Almudena, creadora de Ovella Negra.

Almudena, creadora de Ovella Negra.

Galicia modo ON.- Para quen tece Ovella Negra e por que ese nome?

Ovella Negra.- Ovella Negra é unha tenda situada no mercado online chamado Etsy, especializado en artigos feitos a man e nela podes encontrar accesorios de la para nenos e maiores, gorros, bufandas, etc… Hai moi pouco tempo que está aberta e aínda non é moita a variedade de pezas que están á venda, pero se irán engadindo outras novas máis adiante.

Para a tenda quería un nome que puidese identificar o produto e ao mesmo tempo que estivese relacionado co material que utilizo para crear os artigos que nela se venden, ademáis quería que a xente puidese relacionar o nome da tenda coa súa orixe e que mellor forma de facelo que poñéndolle un nome galego.

Galicia modo ON.- Que cres que ten de particular Ovella Negra que non teñan outros artigos “handmade”?

Ovella Negra.- Creo que todos os produtos feitos a man teñen algo diferente cada un que outros non teñen, non é só o cariño e a dedicación que un lle pon a cada artigo, ou neste caso, a cada unha das pezas que un fai, a calidade dos produtos feitos a man é moito mellor que se a comparas a outros produtos fabricados por multinacionais. Os artigos que podes encontrar en Ovella Negra están feitos con 100% lá pura, iso significa que as fibras da la só foron lavadas e non foron sometidas a ningún tratamento químico antes da tinguidura, ademáis é unha lá suave e bastante grosa que proporciona ás pezas un estilo de tecido orixinal e moi abrigoso.

Galicia modo ON.- Onde podemos curiosear e mercar os produtos Ovella Negra?

Ovella Negra.- Os produtos de Ovella Negra pódense comprar na web http://ovellanegra.etsy.com

Tamén dispón de unha conta en Instagram: @ovellanegra_

E para calquera consulta pódense poñer en contacto a través do e-mail: ovella_negra@outlook.com

Galicia modo ON.- Xa nos fixamos que está moi ben destacada a imaxe da marca, todas as pezas teñen unha vistosa etiqueta co , así como unha coidada fotografía na vosa web de venta online. Valoras estes detalles á hora de presentar ben o produto?

Ovella Negra.- Si, todos valoramos ese tipo de detalles á hora de comprar un produto, como consumidores que somos, a calquera de nós nos gusta ver unha presentación coidada. Todos sabemos que a vista xoga un papel importante á hora de elixir unha compra, como se adoita dicir, que nos entre polos ollos. A embalaxe do produto tamén xoga un elemento importante, debe coidarse ao igual que o resto da presentación.

Galicia modo ON.- Dende o teu punto de vista, está valorado o traballo feito a man en Galicia?

Ovella Negra.- Creo que cada vez está máis de moda o feito a man, grazas a internet e a moitos dos blogs que se crearon e que teñen un gran número de seguidores, impulsaron este tipo de produtos, pero penso que en Galicia, ao igual que no resto de España, debido aos tempos que corren, a xente non ten diñeiro e baixan as vendas en todo tipo de produtos, pero tamén quero deixar claro, que moita xente segue pensando que o feito a man é moito máis caro e por iso non compra, tampouco podemos regalar o noso traballo porque haxa xente que non saiba valorar o que custa o feito de facer as cousas a man.

OVELLANEGRA-2

Galicia modo ON.- Gústache o traballo feito a man? Ademáis de tecer, realizas algunha outra actividade?

Ovella Negra.- Sí, moito. Son unha asídua dos mercados medievais e dos postos de “hippys”. Sempre me gustaron as manualidades, o deseño, debuxar. Cando era pequena ía a clases de pintura en óleo, son afeccionada ao debuxo en grafito, teño un caderno no que debuxo para pasar o tempo ou cando quero evadirme.

Galicia modo ON.- Adoitas consumir produtos feitos a man?

Ovella Negra.- Sí, encántame a bixutería feita a man e teño que admitir que son unha compradora compulsiva de pulseiras, colares e pendentes… Aínda que logo non use nin a metade dos que teño, pero creo que iso é defecto de moitas

Galicia modo ON.- Pode que sexa cedo para esta pregunta, tendo en conta que Ovella Negra acaba de abrirse ao mundo, mais…tes marcado algún obxectivo?

Galicia modo ON.- Eu estou moi contenta de ter dado este paso e poder dicir que teño unha tenda cunha marca propia, logo que á xente lle chegue a gustar os meus produtos e que poida contar cun número de consumidores da marca iso sería un sono cumprido.

Queremos agradecer a Almudena a súa dedicación, e por suposto desexarlle moita sorte para que a súa ilusión prospere. Cremos que mentres siga poñendo corazón, así será.

Fotografías: Ovella Negra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s