Galicia modo ON.- Xornadas en Porto do Son sobre a posta en valor do seu patrimonio cultural (primeira sesión).


Por segundo ano consecutivo puidemos asistir ás Xornadas sobre a posta en valor do patrimonio cultural impulsadas polo Concello de Porto do Son (A Coruña), unha interesante iniciativa que nesta edición ten por finalidade achegarnos á axeitada xestión dun turismo sostible que valore, preserve e divulgue o seu rico e recoñecido patrimonio cultural.
Cando falamos de turismo sostible, adoitamos referirnos a un turismo responsable e comprometido con todos os axentes que nel interveñen ( o propio recurso turístico, o medio no que se atopa, a poboación local e o turista). Mediante a xestión dun plan turístico que coide e respecte as necesidades dos axentes implicados asegurarémonos, ademáis dunha impecable imaxe turística, un correcto desarrollo local (social, cultural e económico) que repercutirá positivamente no propio Concello e os seus habitantes.

Concello de Porto do Son

Cartel informativo das Xornadas sobre a posta en valor do patrimonio cultural. Porto do Son.

Na primeira sesión das xornadas (celebrada o pasado 29 de agosto), puidemos coñecer de preto un modelo de xestión turística exemplar que existe en Galicia: O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra). Asimesmo, nesta sesión tamén houbo ocasión de coñecer e reflexionar sobre os modelos de xestión do patrimonio cultural levados adiante en Galicia e Irlanda.

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, un exemplo de boa xestión.
Tal e como detallou José Manuel Rey García, arqueólogo e director do Parque Arqueolóxico, o centro comezou a súa actividade fai aproximadamente tres anos. Dende os seus comezos pretendeuse que o Parque NON se convertese nun espazo pasivo no cal visualizar petróglifos e atender a densas explicacións sobre o seu contexto histórico. Este centro tenta que os seus visitantes formen parte activa do mesmo, experimenten, e se divirtan coñecendo diferentes aspectos culturais da Idade de Bronce. Posiblemente o seu carácter lúdico sexa o que invite a centos de grupos de escolares e familias a achegarse, mais un dos seus principais obxectivos pasa por enriquecer e diversificar a oferta turísica xa ben posicionada na zona das Rías Baixas.

O Parque Arqueolóxico está divido en tres importantes espazos:
Galería expositiva, espazo con carácter divulgativo deseñado para amosar as diferentes características dos gravados rupestres (historia, técnicas, símbolos…)
Área arqueolóxica visitable, e perfectamente sinalizada, ofrecendo así a posibilidade de percorrer a pé unha das zonas galegas onde máis petróglifos se concetran.
Zona recreativa, a máis lúdica das tres. A detallada réplica dun poboado da Idade de Bronce é a protagonista desta zona. Aquí impartense actividades variadas: visitas teatralizadas, obradoiros de cociña prehistórica, cocemento de cerámica, fundición de armas e ferramentas…todos os ingredientes para vivir unha intensa e única experiencia!

Moito nos gustou saber tamén que este parque arquelóxico sí tenta cubrir as necesidades dos seus asistentes, especialmente en temas de accesibilidade (facilitando guías en braille, visitas guiadas adaptadas…) Ademáis tamén ofrece comodidades moi necesarias (aseos, cafetaría ou tenda).

Detalle da páxina web do  Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Detalle da páxina web do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro.

Xa dende un punto de vista máis institucional, o seu director nos comunicou que o Parque Arqueolóxico tenta estar latente no mundo a través de distintas accións. Actualmente forma parte da rede GESTART unha iniciativa emprendida en centros arqueolóxicos internacionais (Inglaterra, Italia, Portugal…). A nivel europeo atopamos o Parque Arqueolóxico dentro do itinerario CARP (Camiño de Arte Rupestre Prehistórica). Por outra banda, o Parque Arqueolóxico cumpre o Compromiso Calidad Turística (SICTED) e está a traballar conxuntamente nunha candidatura que lle outorgue aos petróglifos o nomeamento de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Como non podía ser doutro xeito, dende o Parque Arqueolóxico apóiase o aproveitamento das tecnoloxías actuais e ferramentas de comunicación. Dispoñen dunha aplicación para smartphone moi completa interesante, ademáis de páxina web, Facebook: Parque Arqueolóxico Arte Rupestre e Twitter: @parqueA

Galicia e Irlanda, dous modelos de xestión do patrimonio cultural.
Sabemos en Galicia valorar o noso patrimonio cultural? Canto de sostible hai no noso turismo?
Para Felipe-Senén López Gómez, historiador e museólogo, Galicia, a pesar de posuír carácter, identide e innumerables modos de expresión cultural plasmados no seu excepcional patrimonio  ao longo de todos os seus tempos a rasgos xerais falla na posta en valor do mesmo.

Por desgraza, moitos dos nosos máis coñecidos e representativos recursos turísticos carecen de un plan de xestión correcto. A masificación, a ausencia infraestructura, ou a falla de civismo dos seus visitantes adoitan ser os principais factores en contra do aproveitamento do patrimonio con fins turísticos sostibles.

Para evitar o que en moitos casos pode acabar nunha indesexable degradación do noso turismo cómpre reflexionar e analizar modelos de xestión xa instituídos noutras partes do mundo que sí funcionan correctamente e, por que non, estudar a posibilidade da súa implantanción.  Varios foron os exemplos cos que o señor López Gómez nos ilustrou (xeralmente desarrollados en Irlanda): Pont du Gard (Francia), The Giant’s Caseway (Irlanda), e Skelling Michael Islands (Irlanda). Ademáis da súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, os tres exemplos citados dispoñen dun centro de recepción de visitantes, un elemento clave para o desarrollo dunha satisfactoria actividade turística, polos seguintes motivos:

Controlan e regulan a entrada de visitantes ao recurso turístico.
– Traen consigo a infraestructura precisa para as súas necesidades (zona de aparcamento, aseos, cafetaría, tenda, espazo de descanso…)
Adoitan adicar un espazo á interpretación do recurso, facilitando así a súa comprensión mediante distintos posibles soportes (videos, paneis informativos, guías, etc.).

En resumo, considedarmos moi productivas e interesantes estas xornadas que se implantan dende o Concello de Porto do Son, non ó a nivel profesional, tamén a título persoal ésta é unha grande oportunidade para aprender a poñer en valor unha parte de nós tan latente como é a nosa cultura e patrimonio.

Lembramos tamén que o vindeiro venres, 5 de setembro terá lugar a segunda sesión destas xornadas, tal e como se especifica no cartel. Desexamos atopar a algún dos nosos seguidores entre os asistentes! 

Unha opinión sobre “Galicia modo ON.- Xornadas en Porto do Son sobre a posta en valor do seu patrimonio cultural (primeira sesión).

  1. Pingback: Galicia modo ON.- Xornadas en Porto do Son sobre a posta en valor do seu patrimonio cultural (segunda sesión). | Galicia modo ON

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s