Estes días celébrase na vila de Noia a XVII Feira Medieval de Noia (do 18 ao 20 de xullo), unha festa que ten a particularidade de implicar a prácticamente toda a súa poboación na celebración da mesma.
Durante eses días é doado ver en Noia a multitude de veciños e achegados caracterizados coas vestimentas temáticas (campesiños, nobres, soldados…), participando en todas as propostas desta festa de tan diversa temática (gastronomía, artesanía, música, exibicións e outros eventos).
Desta volta, dende Galicia modo ON quixemos achegarnos a unha empresa da vila de Noia que leva xa moitas edicións colaborando activamente na difusión e celebración desta festa: Habelas Hailas Licores. Luis e Marisol son os responsables desta empresa de licores que, comezou apostando polos clásicos galegos (licor café, de herbas, etc.) e hoxe por hoxe produce gran variedade de licores, ademáis de viño albariño e espumoso.
Habelas Hailas Licores presume de ser de Noia, e sempre que pode deixa latente este sentimento, apoiando infinidade de iniciativas levadas adiante no seu pobo. Na entrevista que nos adicaron explícannos todo isto, ademáis de desvelar algunha sorpresa relacionada coa XVII Feira Medieval de Noia:
Galicia modo ON.- Por se quedase xente que non coñecese a marca Habelas Hailas Licores, como a presentaríades?
Habelas Hailas Licores.- Habelas Hailas Licores é unha empresa na que apostamos por desenvolver unha imaxe divertida, portente, de gran personalidade, colorista e recoñecible. Desde o principio confiamos en traballar a fidelización do cliente a través da nosa presenza na canal de hostelería e tamén nas tendas gourmet e delicatessen, sen esquecer a nosa aposta por estar presente nos principais eventos gastronómicos tanto de carácter local como nacional, e incluso internacional. Gústanos o contacto directo co profesional pero tamén co cliente final, que é algo que nos caracteriza como empresa, dinámica, activa e contínuo crecemento.
Galicia modo ON.- Nós sí coñecemos a marca Habelas Hailas, e puidemos comprobar que nos últimos anos se diversificou o produto dun xeito importante: novos sabores nos licores, bombóns recheos de licor e incluso tedes viños propios: o albariño e tamén espumoso “O Avó Marcelo” Seguirá medrando a familia Habelas Hailas? É un reto duro?
Habelas Hailas Licores.- É duro pero gozamos con isto. A familia Habelas medra cada ano, buscando novos sabores, novos produtos e packs de comercialización atractivos que testamos directamente co público final a través de feiras e eventos. Estamos abertos ao que nos comenta a xente para ofrecerlles aquel produto que botan en falta.
Galicia modo ON.- De todos os produtos Habelas Hailas, hai algún que sexa o “neno bonito”, (o que máis gusta, ou o que máis satisfaccións vos agasalla)?
Habelas Hailas Licores.- Isto é como preguntar se queres máis a papá ou a mamá :-)… É difícil pero no que se refire ás cremas e licores, o de café e o chocolate con cereixas tennos dado moitas alegrías en Noia cando comezamos na nosa primeira Feira Medieval, aló polo 2007. Sen embargo, O Avó Marcelo sí que foi un produto especialmente mimado e coidado, que nos facía ilusión sacalo e por iso leva o nome do avó de Marisol Suárez, o outro 50% de Habelas Hailas.
Galicia modo ON.- Foi doado para vos entrar no mercado como produto gastronómico galego “gourmet” ou de calidade?
Habelas Hailas Licores.- Cando comezamos a traballar para consolidar Habelas Hailas tivemos claro que tiñamos que diferenciarnos do resto dos destilados que se comercializaban. Por iso apostamos por un produto de calidade, elaborado con materia prima de primeira e vestido cun packaging colorista, alegre e chamativo que fumos introducindo nas tendas gourmet de Galicia e tamén no resto de España. Esta liña foi a que nos levou despois a crear unha liña gourmet na que tanto o noso logotipo como a botella pasou por un redeseño da man do estudio de Marta Lojo, quen tamén creou a imaxe de O Avó Marcelo. Estamos moi satisfeitos co resultado, a nova botella gusta moito polo que foi o envase que xa usamos para os novos sabores que sacamos: fresa, mojito, mango, mandarina, arroz con leite e piña.
Galicia modo ON.- Habelas Hailas Licores leva sempre presente o nome de Noia e son moitos os eventos vencellados coa vila nos que colaborades,como por exemplo na súa popular Feira Medieval que este ano celebra a súa 17º edición. En que medida credes que é importante apoiar e promocionar a vosa vila?
Habelas Hailas Licores.- Levamos Noia no corazón e para nós é fundamental apoiar as actividades que se leven adiante na vila, na medida en que poidamos. É a vila que nos viu nacer e queremos seguir soplando as velas cos nosos veciños. Por iso todos os anos tentamos facer algunha actividade especial coicindido coa celebración da Feira Medieval. Este ano, de feito, estreamos un novo posto na feira que esperamos que vos guste, máis grande e bonito, se cabe. E tamén fixemos unha edición especial do noso licor café etiquetado coa imaxe do cartel da festa. Serán en total 10.000 botellas que se distribuirán coincidindo coas festas a través dos nosos canais habituais. Para nós é un verdadeiro orgullo levar nun dos nosos produtos o escudo de Noia e asociar así a nosa imaxe a desta vila, é un xeito de rendirlle unha homenaxe a Noia, á súa festa máis grande e ás xentes que fixeron e fan posible que o noso soño, Habelas Hailas, sexa unha realidade.
Queremos agradecer a Habelas Hailas a súa dedicación con este blog e desexamos que o seu traballo contiúne a lle outorgar satisfacións!
Web: http://www.habelashailaslicores.com/
Facebook: Habelas Hailas Licores
Twitter: @habelas_hailas
Imaxes: Habelas Hailas Licores