Galicia modo ON.- La Ruta Conservera, un novo valor con sabor tradicional.


Sabíades que a industria conserveira é un sector económico punteiro en Galicia? A maioría das empresas españolas adicadas a esta actividade ubícanse nas nosas costas; tamén somos o maior produtor europeo de pesca en conserva.

Como galegos coñecemos e valoramos as variedades e propiedades destes produtos gastrómicos. Conservas artesás ou industriais; peixes, moluscos ou outros mariscos; ao natural, en aceites ou salsas variadas…non hai dúbida de que a pesca en conserva está máis que asentada no noso mercado, é un básico indiscutible na dieta de milleiros persoas…mais a iniciativa que hoxe queremos salientar vai máis alá:

 – Por que non poñer en valor e coñecer outros factores que forman parte de xeito directo ou non, da producción conserveira (historia, tradición, evolución, cultura, tecnoloxía, realidade social, recursos turísticos…)?

 – Por que non achegarlle ao visitante unha visión completa coa que entender e apreciar, tanto o propio produto, coma outros recursos locais que outorgan personalidade única a un destino?

Como resposta xeral a estas dúas cuestións, poderíamos dicir que nace o proxecto La Ruta Conserveraunha iniciativa promovida pola Deputación da Coruña coa colaboración e participación directa de múltiples empresas e entidades vencelladas territorialmente ás zonas conserveiras da provincia da Coruña: empresas conserveiras, concellos, empresas locais (estaleiros, excursións , actividades restauración), e museos.

LaRutaConservera
La Ruta Conservera é en sí unha rede de visitias guiadas por diversas zonas da costa coruñesa de tradición conserveira, que ademáis do patrimonio industrial xerado por esta actividade teña poñer en valor outros recursos turísticos locais comunicados con esta actividade.

Divididas en 4 xeodestinos (Rías Altas, Costa da MorteRías Baixas A e Rías Baixas B) La Ruta Conservera pretende dar vida a unha forma de turismo especializado, denominado turismo industrial, unha variante do turismo cultural que ademáis de se centrar na trasmisión de información sobre unha determinada materia, pretende crear complicidade entre visitante, paisaxe e territorio. Deste xeito as visitas guiadas de La Ruta Conservera non só contemplan o achegamento á industria conserveira, senón tamén a aqueles elementos que interveñen na outorgación de carácter único ao destino (bodegas, faros, lonxas, antigas fábricas de salazón,santuarios, museos e coleccións visitables, tendas especializadas, vilas mariñeiras, espazos naturais, miradoiros, etc.)

Datos de contacto para información e reservas La Ruta Conservera:
Web: http://larutaconservera.es/
Facebook: La ruta conservera
Mail: promocion@larutaconservera.es

Presentación La Ruta Conservera  

Foto: O pasado 10 de Abril celebrouse a presentación oficial de La Ruta Conservera, no centro cultural Casa Lustres Rivas. Riveira (A Coruña) 

En definitiva, cremos no éxito deste tipo de iniciativas que, dun xeito responsable e cun respaldo institucional (como é neste caso a Deputación da Coruña) implican no desarrollo e liñas de traballo das mesmas, a entidades locais públicas (Concellos) e privadas (tanto as empresas conserveiras, como aquelas que interveñen na posta en marcha da oferta complementaria); pois así e todo a finalidade global debe ser a mesma para todos: o recoñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial xerado arredor da industria conserveira galega dende xeracións pasadas…unha xoia que todos deberíamos coñecer e valorar.

La Ruta Conservera

Foto: agasallo promocional envolto en curioso packaging de rede para os asistentes á presentación oficial de La Ruta Conservera

Imaxes: La Ruta Conservera

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s