Galicia modo ON.- Apoiando a gastronomía da pesca do cerco no Salnés: Xornadas gastronómicas ACERCANDO


Estes días, dende a Mancomunidade do Salnés vén de presentar as Xornadas Gastronómicas ACERCANDO, unha iniciativa que trata de poñer en valor un recurso gastronómico local, o peixe capturado mediante a arte do cerco un produto accesible, de grandísima calidade (tanto en condicións de frescura, coma en valor nutricional), e versátil na súa preparación (aplicable a un amplo e variado receitario).

Ao longo do mes de Maio nos distintos concellos da Mancomunidade do Salnés está prevista a posta en marcha das distintas Xornadas Gastronómicas ACERCANDO.

Dende 4 obradoiros de cociña (Meaño Ribadumia, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa), 3 chef studio (demostracións en directo de elaboracións prodecentes de peixe do cerco)(Cambados, Vilagarcía de Arousa e O Grove); ata o concurso de tapas “Acercando o Pincho” (Cambados e O Grove).
Toda a información (datas, horarios, e detalles das xornadas) está publicada na súa páxina web:

Xornadas gastronómicas ACERCANDO

A Mancomunidade do Salnés e Mónica Novas contaron coa nosa participación na primeira fase destas xornadas , unha “pre-presentación” que tivo lugar o pasado domingo, 13 de Abril (a presentación oficial aos medios de comunicación tivo lugar o pasado luns 14 de abril): unha ruta turística preparada especialmente para un grupo reducido de profesionais galegos vencellados á gastronomía, turismo e comunicación. Medios especializados (La Alacena RojaRevista Expreso), bloggers (La Cocina de mi Abuelo), empresas: PiraguillaExquisitec.esguías turísticos locais e a responsable do deseño gráfico das xornadas, Argallada (se esquecemos a alguén, facédenolo saber).

Xornadas gastronómicas ACERCANDO

Xuntos embarcamos con AMARE Turismo Náutico nunha ruta en barco pola Illa de Arousa, onde ademáis de coñecer de preto a illa e os seus areais, nos foi posible achegarnos ás bateas, todo un símolo económico e turístico na ría de Arousa; onde Gabi, de Amare nos comentou curiosidades sobre a súa produción, coidados, etc.

20140413_120250                                                 Xornadas gastronomicas ACERCANDO

Ao remate da ruta accedemos ao Faro de Punta Cabalo, un faro erexido na Illa de Arousa a mediados do século XIX que actualmente funciona como restaurante, único polo lugar privilexiado no que se atopa, onde ademáis se fai posible degustar verdadeiras delicias gastronómicas.

Nesta ocasión, o peixe do cerco era o protagonista, polo que as propostas gastronómicas xiraban entorno a este produto, alimento saudable que, como xa dixemos, ofrece grande versatilidade na súa preparación:

Sin título-2       terrasdelanta-1

Foto 1: Vieiras mariñadas   –   Foto 2: Maridaxe con albariño Terras de Lantaño

xarda-2       chinchos-2

Foto 1: Tostas de xarda escabechada con crema de chícharos   –   Foto 2: chinchos frixidos e guacamole.

Mais se o xantar no Faro Punta Cabalo foi especial, a sobremesa trouxo a nota de cor máis detallista: manteis de cadros e divertidas cestas de picnic cargadas de saborosa empanada de mazá para todos!

20140413_132431           20140413_132507

A tarde comezaba cunha pequena andaina ao carón do mar; de Niño de Corvo á praia Area da Secada. A paisaxe debuxada animaba os pasos; todos os recantos desta illa gardan unha beleza especial, a súa natureza e paisaxe son incomparables, fan deste un lugar único.

Xornadas gastronomicas ACERCANDO
O broche para clausurar a xornada de domingo estivo en terras do concello de Meaño (Pontevedra) no hotel e restaurante Quinta de San Amaro un lugar moi recomendable para desfrutar de fermosos solpores con vistas aos viñedos do albariño das Rías Baixas.

20140413_185007

Queremos dar as gracias á Mancomunidade do Sanlés, a Mónica Novas e a todos aqueles que interviron na posta en marcha da “pre-presentación” das Xornadas Gastronómicas ACERCANDO, por nos brindar a ocasión de coñecer de primeira man as oportunidades turísticas e gastronómicas que aparecen cando se aposta pola posta en valor de produtos locais de calidade. Aplaudimos esta iniciativa, e agardamos que poida tamén servir de insipiración noutras partes de Galicia, pois se en algo somos abandeirados é en produtos gastronómicos de calidade!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s