Galicia modo ON.- Zoqueada en Compostela!


Dun xeito moi divertido celebran na tenda de moda Ela Diz, en Compostela, o seu terceiro aniversario. Sabedes como? Convocando unha quedada moi especial, para o venres, 21 de marzo onde os protagonistas son un dos artigos estrela da tenda, os famosos zocos de Elena Ferro a zoqueira de Merza (Vila de Cruces, Pontevedra), que reinventou o concepto do zoco tradicional galego e o posicionou nun atractivo produto de calidade onde as cores do arco da vella tinguen a gusto do cliente marabillosas pezas.

zoqueada-3c2ba-aniversario-ela-diz

Se loces con orgullo os teus zocos Elena Ferro e che apetece formar parte desta curiosa iniciativa, compartir impresións con outros “fans”, ou coñecer a súa creadora, as novas tendencias….. debes achegarte a Compostela (Ela Diz – Rúa Nova, 24). Ademáis xa sabedes que tratándose dunha celebración de aniversario, non han faltar sorpresas!

Foto: Ela Diz Tenda.

2 opinións sobre “Galicia modo ON.- Zoqueada en Compostela!

  1. Reblogged this on Eladiz and commented:
    Galicia modo ON escribe sobre o noso 3º Aniversario, e sobre a #Zoqueada do vindeiro venres 21 de marzo xunto con Elena Ferro a zoqueira de Merza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s