Galicia modo ON.- Turismo con personalidade coa iniciativa “Ponle cara al turismo”.


Hoxe temos o pracer de vos presentarvos Ponle Cara al Turismo, unha iniciativa moi interesante, que trata de profesionalizar dun xeito moi concreto o turismo en Galicia. Ponle Cara al Turismo é unha empresa que ten por obxectivo traballar no desenvolvemento da actividade turística no eido local galego, facendo partícipe do mesmo aos axentes que deben intervir na creación do destino turístico (concellos, entidades públicas, empresas, profesionais do sector turístico, e por suposto aos turistas e a pobación local).

ponlecaraalturismo

Deste xeito, Ponle Cara al Turismo centra os seus servizos (actividades formativas; asesoramento a entidades locais; posta en marcha de talleres creativos; organización e xestión de rutas turísticas, etc.) na familiarización en termos coma o turismo sostible, turismo responsable, turismo comunitario, turismo creativo, turismo industrial… oportunidades moi importantes para o desarrollo turístico e económico de pequenas comarcas que, paradóxicamente, posúen en símesmas un grande potencial.

Aproveitamos a ocasión para lle facer unhas preguntas a estes profesionais, que agardamos vos axuden a enteder mellor o seu concepto:

Galicia modo ON.- Quenes sodes Ponle Cara al Turismo e como xorde esta iniciativa?

Ponle Cara al Turismo.- Somos un equipo de profesionais multidisciplinar, autodidácta e con espiritu emprendedor constante. Combinamos o bo facer das cousas con o afán de melloralas, apostando sempre, por un enriquecemento colectivo. Cremos na nos aterra, e nas súas xentes, por elo, achegámonos á poboación local a través das súas iniciativas empresariais, culturais, turísticas ou artesanais. Só así, podremos coñecer o seu pasado, entender mellor o seu presente, e apostar polo seu futuro.

Galicia modo ON.- O voso traballo tentar es postarás necesidades dun turista máis esixente, que busca algo moi concreto, como definiríades a ese turista?

Ponle Cara al Turismo.- O noso target de turista ou perfil é una persoa curiosa, que busca novos destinos, pero sempre máis creativos e humanos.

Galicia modo ON.- En que zonas de Galicia traballades, e que teñen en común estes destinos?

Ponle Cara al Turismo.- Destinos cos que traballamos son por toda Galicia, pero máis concretamente aqueles destinos onde teñen un gran potencialidade en canto a recursos humanos, recursos naturais, patrimoniais e industriais.

turismo industrial

O turismo industrial resposta á curiosidade do turista máis interesado polo produto que consume.

Galicia modo ON.- Custa que os axentes implicados (concellos, entidades públicas, empresas,profesionais do sector turísico, e por suposto turistas) tomen conciencia das necesidades de fomentar e dar forma a un tipo de turismo máis definido?

Ponle Cara al Turismo.- Contamos con moitos recursos aos que non se lle da o valor que realmente merecen, e iso pouco a pouco, dende a administración vai cambiando. Custa un pouco facerlles entender que o turista busca novas experiencias, busca historias contadas en primeira persoa, e o turista en difinitiva quere involucrarse no destino, no entorno e na vida cotiá do pobo ou destino que visita; por iso cada vez máis a administración, concellos e demáis entidades xogan un papel importantísimo para que este novo turista se sinta como un embaixador do destino.

Galicia modo ON.- Segundo o voso criterio, en xeral está Galicia preparada para un tipo de turismo máis diversificado e profesionalizado? Cales credes que son os puntos débiles e fortes e débiles na nosa Comunidade?

Ponle Cara al Turismo.- Galicia empeza a ser una comunidade de grandes cambios, a crise dalgunha maneira espertou a creatividade que todos e cada un de nós levamos dentro, e estase a dar un movemento emprendedor moi importante na nosa comunidade de gran relevancia. Galicia está prepara para un turista cada vez máis especifico, máis detallista, máis cultural, máis enriquecedor, máis exclusivo e máis cercano., en definitiva é un turista que busca a diferenciación, profesionalidade e un trato persoalizado.

Os nosos puntos débiles son o clima, as infraestructuras, a xestión dos nosos aeroportos, e ocambio de mentalidade que reitero que está cambiando. Os nosos puntos fortes son a nosa gastronomía, a nosa poboación local, os nosos productos de calidade e o noso entorno paixasistico, natural, patrimonial e histórico, así coma os nosos precios, que seguimos sendo unha das comunidades máis baratas para facer turismo.

——————————————————————————————————————————-

 Temos que dar as grazas a Sandra Touza, de Ponle Cara al Turismo pola información e polo tempo que nos adicou. Podedes acceder á información detallada sobre súa actividade nos seguintes sitios:

Páxina web: www.ponlecaraalturismo.com

Facebook: Ponle cara al turismo

Blog: http://creativetourismgaliciapcat.blogspot.com.es/

Mail: info@ponlecaraalturismo.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s