Galicia modo ON.- Celebrando en Ribadeo o Día Mundial dos Humedais.


Co gallo da celebración do Día Mundial dos Humidais (2 Febreiro) chega a nós dende Ribadeo (Lugo), unha iniciativa que trata de dar difusión á riqueza paisaxística e biodiversidade desta zona, dende o punto de vista ornitolóxico.

En Ribadeo atopamos un espazo único cunhas exclusivas condicións naturais que propician a convivencia de numerosas e variadas especies de animais, máis concretamente nos referimos neste caso á avifauna que alí habita; non en van a zona de humedais da ría de Ribadeo está catalogada como Zona húmida RAMSAR , unha distinción de carácter internacional que centra os seus esforzos na distinción e protección dos humidais dos países socios.

Varias entidades locais, públicas e privadas (Concello de Ribadeo, Fotografía y Biodiversidad, Birding Ribadeo e o blog Ría e Ribadeo) centraron a súa actividade na creación dun evento que dun xeito didáctico e ameno achega a ornitoloxía e os seus valores, á poboación en xeral, pois coñecéndoa é máis doado coidala como se merece.

humedais ribadeo

Deste xeito ao longo dos días sábado 1, e domingo 2 de Febreiro é posible participar nas distintas actividades destas xornadas:

O sábado 1 de febreiro terá lugar a charla A Ría de Ribadeo, un refuxio para as aves migratorias, dirixida por Xabier Preto Espiñeira, da Sociedade Galega de Historia Natural e autor do blog bichos e demáis familia.
Tamén o sábado está prevista unha ruta guiada pola ría de Ribadeo para a observación e identificación de aves, á que tamén están convidados aqueles que coas súas cámaras desexen inmortalizar as especies detectadas para posteriormente identificicalas.

O domingo 2 de febreiro, nun obradoiro de identificación de especies darase ocasión, ademáis de identificar as especies fotografadas o día anterior, subir o material á plataforma “Biodiversidad Virtual”

(A organización aconsella aos asistentes que leven consigo prismáticos e cámara de fotos; así coma a reserva previa de praza para a ruta guiada pola ría de Ribadeo no teléfono 982 128 689).

Dende Galicia modo ON valoramos de xeito positivo a creación de eventos que, involucrando á poboación e visititantes nun destino, trasmitan es necesidade de coñecer o hábitat natural e as súas especies, para deste xeito poder coidalo, respetalo e aprecialo.
Desexamos que a iniciativa de Ribadeo conte coa participación que merece…e por suposto agradecemos a colaboración na publicación deste post.

Foto: cartel facilitado por Turismo de Ribadeo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s