Galicia modo ON.- Deporte ao aire libre, gastronomía e moito humor en Porto do Son con ¨Papá, o can é noso”.


Imaxinamos que entre moitos de vos, gardaríades para o novo ano que recén estamos a estrear, o clásico propósito de atopar tempo para a práctica de exercicio físico e hábitos saudables….non si?

Contaxiados pola enerxía e vitalidade dos nosos protagonistas de hoxe, compartimos unha iniciativa que vos pode axudar a levar adiante este propósito dun xeito moi divertido. Ata Porto do Son (A Coruña) nos achegamos para coñecer ao equipo  Papá, o can é noso, unha nova asociación centrada na realización de prácticas deportivas ao aire libre; amigos que misturan tamén o aprecio á natureza, e o gusto pola gastronomía galega.

1506320_243806659118923_29235462_o

Coma se dun equipo deportivo profesional se tratase, estes mozos adoitanse citar para percorrer algún dos recantos naturais máis fermosos e menos coñecidos do concello e arredores. Ben sexa a pé ou en bicicleta, para eles o verdadeiramente importante é participar, desfrutar e compartir a experiencia tan completa e gratificante. Como clube tamén participan en eventos deportivos de carácter local, coa mesma finalidade: desfrutar.

Agardamos que desfrutedes da entrevista:

 Galicia modo ON.- Como xorde a idea de crear este clube? Cal foi a vosa principal motivación?

Papá, o can é noso.- Esta idea xorde na tempada 2012-2013, cando dous amigos ós que lle gusta o deporte comenzan a facer saidas en bicicleta xuntos, descubrindo camiños, rutas e paisaxes e, sobor de todo, experimentando con esto unhas sensacións que lle reportan gran felicidade. Estas sensacións e os beneficios da práctica deste deporte non pasan desapercibidos para os seus achegados. O grupo vaise incrementando con novos membros e algúns anímanse a participar en competicións e rutas organizadas noutras vilas.

Un día, despois dunha destas probas, varios compañeiros sentados ó redor dunha mesa repoñendo enerxías e comentando as experiencias vividas na mesma, coincidimos todos en que tamén nese aspecto “gastronómico” de despois dos eventos deportivos nos atopábamos moi a gusto. E desde ese mesmo día decidimos organizar varias actividades deste tipo, resultando todas un verdadeiro éxito e destacando por riba de todo, un moi bo ambiente. Resulta que había xente que participaba só nas actividades gastronómicas, outros só nas deportivas e a maioría nas duas, polo que decidimos non excluir a ninguén e, deste xeito, fundar un “clube gastrodeportivo”.

Tanto a alegría e os bos momentos que pasamos xuntos como o feito de experimentar en carne propia os beneficios de facer deporte e de poder contar sempre con alguén para facelo en grupo convertíronse nas nosas principais motivacións para formar o clube.

Galicia modo ON.- A que tipo de público vai dirixido a vosa actividade (idade, forma física..)?

Papá, o can é noso.- Por suposto, vai dirixido a tódolos públicos. Aquí non excluimos a ninguén. Calquera pode participar nunha xornada gastronómica, por moi mala forma física que teña (je, je, je). No medio ano que levamos neste proxecto xa participaron desde rapaces de 5 anos ata homes de 56. Consideramos que o feito de xuntar dúas ou tres xeracións compartindo unha actividade tanto deportiva como de mesa e mantel, recompensa sobradamente calquer esforzo organizativo pola nosa parte.

Galicia modo ON.- Definídesvos como clube gastrodeportivo, con este termo entendemos que as actividades que ofreces son moitas e variadas, é así?

Papá, o can é noso.- Correcto.  No apartado gastronómico intentamos seguir unha liña na que cobran forza os alimentos autóctonos e de tempada e, cando a meteoreoloxía o permite, tentamos que a sua degustación e preparación sexa ó aire libre, nun entorno natural no que todo esto se disfruta dun xeito especial.

No apartado deportivo, imos avanzando pouco a pouco. Comezamos con saidas en btt (bicicleta de montaña) os domingos pola mañán. Unha vez que observamos que esta actividade estaba firmemente consolidada, foi cando nos diriximos ó seguinte obxetivo: a carreira a pé, na que ahora mesmo estamos inmersos. Procuramos ir compaxinando estas duas actividades, que xa teñen un oco no noso horario semanal, con todas aquelas rutas, marchas ou carreiras organizadas (xa sexan competitivas ou non) que van aparecendo no calendario. No tocante e éstas últimas, non hai ningunha prioridade, senón que cada quen participa nas que máis lle enchen o ollo por temas de proximidade, prezo, estado de forma, etc. Agora mesmo comenza o Circuito Galego de Duatlón, no que participaremos por segundo ano consecutivo varios socios do clube. Máis para diante gustaríanos diversificarnos un pouco máis e ofertar novas disciplinas que poidan animar a máis xente a practicar algún tipo de actividade física. Entre os nosos plans estarían o realizar andainas e, de cara ó verán, incluso alguna travesía a nado.

Papá, o can é noso.

Galicia modo ON.- Colaborades con algunha entidade pública ou privada, por exemplo impartindo ou monitorizando algunha actividade? É algo que vos interesa como clube?

Papá, o can é noso.- Non colaboramos con ninguna entidade, de momento. Tampouco estamos pechados a nada neste sentido. Aínda estamos nunha especie de fase experimental do clube e queremos facer as cousas sen presa, pouco a pouco, para que os alicerces deste proxecto queden ben asentados.

Galicia modo ON.- Que hai que facer para formar parte do clube Papá, o can é noso?

Papá, o can é noso.- É tan sinxelo como darlle a Me gusta na nosa páxina do Facebook. Tan só con facer esto xa gozas de tódolos privilexios que temos ata os máis veteranos do clube. Por suposto, logo cada un participa nos apartados que poida ou que máis lle interesan.

Galicia modo ON.- Chama a atención o nome do clube…nós enterámonos de que hai unha historia detrás disto, queredes explicala, ou preferides que quede entre os socios do clube?

Papá, o can é noso.- O nome xurdeu despois duns comentarios feitos en broma sobre una lenda urbana que dín, sucedeu una nosa comarca. Pareceunos nese momento que era o nome axeitado para o clube. Dicir que neste clube o que impera é o sentido do humor e a humanidade por diante dos resultados, como tamén sucedeu nesa historia da que falamos.

Galicia modo ON.- Tedes xa planificado o calendario para o recén estreado ano 2014? Podedes adiantarnos algún dos eventos nos que participaredes?

Papá, o can é noso.- En canto ás actividades fixas, este mes de Xaneiro xa comenzamos como rematamos o ano anterior e como pretendemos que siga sendo a tónica xeral durante todo o ano. Tódolos martes e xoves ás 21:00 sairemos a correr a pé desde o peirao de Porto do Son; de 6 a 10 kms dependendo de varios factores (nivel participantes, probas no calendario,…). Aparte, os domingos ás 9:00 sairemos en btt polos montes da contorna. Dicir que estas rutas en btt teñen unha duración de 3 a 4 horas e, por suposto, adáptanse a calquer nivel.

Papá, o can é noso.

Algúns dos membros do club realizaremos o Circuito Galego de Duatlón Cross, que comprende os Domingos de Xaneiro e Febreiro. Tamén soan como obxetivos a medio plazo o Trail de San Alberte en Ribeira (que consiste en 13,5 km de carreira polo monte) e a coñecida carreira popular VIG-BAY. De todos xeitos, calquer proba que vai aparecendo polo calendario é susceptible de poder ser posta no punto de mira de calquer membro do Clube.

Galicia modo ON.- Algún desexo ou obxectivo especial por cumprir neste ano que queirades compartir connosco?

Papá, o can é noso.- O noso desexo  é que cada vez máis xente se anime a practicar algunha actividade física e participar nestas actividades low cost que organizamos. Deste xeito, xa nos estarán axudando a medrar como Clube. Neste aspecto é onde reside a esencia de “Papá, o Can é noso”.

Fotografías: Papá, o can é noso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s