Galicia modo ON.- Encontro creativo CREATURAS SHOWROOM


Unha versátil e orixinal incitativa chega directamente de terras do Barbanza a Galicia modo ON; trátase dun evento que consideramos especial por acoller nun único núcleo todo un universo de arte, creatividade e compras; un deses eventos nos que os asistentes non son meros observadores, senón que pretende facelos partícipes e brindarlles a oportunidade de sacar a relocer a súa imaxinación, experimentando dun xeito activo e gratificante. O vindeiro venres, 11 de Outubro celébrase en Boiro (no local social) o Encontro Creativo CREATURAS SHOWROOM.

Cartel Creaturas ShowRoom

Promovido pola colectivo Creaturas e coa colaboración do Concello de Boiro CREATURAS SHOW ROOM funciona como paraugas dunha importante variedade de artistas e comerciantes da zona, achegando nun espazo único os procesos de elaboración e deseño de certos artigos senlleiros e de calidade.

ARTE, MODA e GASTRONOMÍA son as tres temáticas que maior protagonismo cobran, aínda que o CREATURAS SHOW ROOM conta cunha PROGRAMACIÓN ateigada de actividades.     

CREATURASARTISTS UPSTAIRS

No espazo adicado á arte terán lugar diversas mesas redondas temáticas na que intervirán artistas, profesionais de diversas disciplinas, como o debuxante Brais Rodríguez Verde, Esther Carrodeguas (performance/recital), Jose Angel Fontenla Chas (fotografía), Pilar Ageitos, María Magan, Moisés (Studio Moai), Suso_Mundo CReativo, Loli Regueira (Arte Barbanza), Pascual Vidal, etc. Moitos son os artistas convidados que dende un punto de vista divertido e orixinal compartirán cos asistentes a súa particular visión sobre situacións ou temas que se propoñerán no desenrolo das mesmas. O factor sorpresa promete xogar a favor da CREATURAS SHOW ROOM (abonda con lle botar unha ollada ao curioso cartel amarelo creado para tal ocasión para comprobar a intencionalidade).

MODA, DESEÑO E CUSTOMIZACIÓN

Algunha vez vos paráchedes a pensar nos distintos procesos (fabricación dos tecidos, confeción e tratamentos…) polos que pasa unha peza de roupa antes de chegar a mans do cliente? Interesante coñecer como comeza a emerxer no mundo da moda unha preocupación e compromiso polo medio ambiente. Os amigos da tenda Baldani darán a coñecer  a revolución dos Nude Jeans, prendas 100% actuais elaboradas a partir a partir de algodón natural non tratado químicamente e realizados sen man de obra barata. Unha demostración de lavado por parte de Baldani amosará o desgaste destes curiosos pantalóns.

Antoxo de ToxoNesta sección tamén haberá un oco para customización de camisetas e zapatillas por parte de artistas como a nosa coñecida Antoxo de Toxo (na imaxe, unhas zapatillas deseñadas por eles); os enxeñosos e elegantes tocados e turbantes de Diane Onlooker; as porpostas para o outono de Lookbooky ; e  incluso a perruquería creativa estará latente da man de Amparo Fernandez, de La Pelu.

Os desfiles de moda son outra interesante acción que tenta captar a atención e atracción dos asistentes ao Showroom e que por suposto non poden faltar cando se trata de facer que a moda sexa máis imaxinable.

GASTRONOMÍA…CON BO SABOR!

Múltiples obradoiros farán as delicias dos padais máis exquisitos, xa que o CREATURAS SHOWROOM, ten tamén a intención de que os asistentes experimenten e vivan a cociña. Nun destes talleres, o equipo Cocina de Color Lila compartirá os seus consellos gastronómicos. Tamén a dozura das larpeiradas será protagonista neste espazo xa que un dos talleres, desenrolado por Vox Ánima ensinará aos cativos (e larpeiros de todas as idades) como facer caramelos e outras irresistibles lambonadas.

Pero non só de arte, moda e gastronomía se nutre o CREATURAS SHOWROOM;  se estamos ante un evento no que o ocio ha de ser un dos grandes protagonistas da velada…por tanto música, monólogos e exhibicións tamén serán pratos fortes nesta edición. Non podemos esquecernos doutros talleres de artesanía programados para a tarde do venres, nos que desfrutar de actividades para todos os gustos: fabricación de xabróns ecolóxicos, papiroflexia, amigurumi (bonequiños de ganchillo), obradoiros textís e de area.

Son tantas e tan boas as opcións  que propón o CREATURAS SHOWROOM que se nos fai difícil enumerar as múltiples razóns polas que consideramos máis ca recomendable asistir a esta celebración que, ademáis de completa, interesante e creativa promete asegurar a diversión de todos os asistentes.

Non nos queda máis que recomendarvos que botedes unha ollada ao PROGRAMA para non vos perder así ningún dos seus momentos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s