Se ata hai uns anos era case impensable adquirir produtos personalizados, hoxe por hoxe existe gran diversidade na customización de artigos de todo tipo. Non o dicimos só a nivel “industrial” (empresas que rotulan todo tipo de artigos), xa que son moitos os artistas que desfrutan creando deseños fóra do habitual, ao gusto do consumidor; hoxe por hoxe é accesible adquirir por exemplo, dende unhas galletas especialmente adicadas, ata recordos de voda, estoxos, accesorios, prendas…realizadas de xeito especial. Dende o noso blog xa demos con varios emprendores que se adican a este tipo traballos, mais hoxe queremosvos presentar a Antoxo de Toxo.
Antoxo de Toxo é o selo dos artigos customizados por Esther, unha moza boirense que coa súa creativa pintura converte prendas convencionais en encargos que reflexan non só a súa indiscutible creatividade, tamén a orixinalidade e inspiración dos seus clientes, que adoitan aportar ideas sobre os deseños.
Cóntanos Esther que pola súa afición ao debuxo comezou a experimentar pintando camisolas, creacións coas que agasallaba aos seus amigos, e que vendo a satisfación, desexou ampliar as súas artes a outros campos, foi así como se lle ocorreu customizar zapatillas, algo que ata o momento non se estaba facendo demasiado. Pasou entón así a pintar todo tipo de debuxos en zapatillas principalmente estilo Victora e All Star.
A Antoxo de Toxo multiplícanselle os encargos e o número de fans da súa páxina de Facebook, onde coidadosamente comparte o resultados finais dos seus traballos, xerando máis admiración polo seu bo facer. Ademáis disto, ao longo do verán estiveron presentes en mercados singulares como o Mercado das Festas do Barrio de San Pedro e na Romaría Pop (en Santiago de Compostela).
Na súa páxina puidemos comprobar que non só gustan os deseños infantís, musicais ou televisivos, senon tamén os encargos para as peñas festeiras …en definitiva, Antoxo de Toxo sabe plasmar nun tecido toda a imaxinación e personalidade dos que desfrutan os seus deseños.
Nós temos que dicir que nos encanta a cor e frescura que transmite Antoxo de Toxo…somos fans!!
Fotografías: Antoxo de Toxo
Esther é unha gran artista, aparte dunha increible persoa. Os seus traballos soen ser un grao mellores de todo o mellor que un cliente puda imaxinar na súa cabeza, é unha pasada! Convitte en realidade unha idea e mellóraa. Eu considérome fan tamén, incondicional. Oxalá teña moita sorte pq o merece todo! Saudiños
Non poderíamos estar máis dacordo contigo! Unha aperta, ausonia!
Pingback: Galicia modo ON.- Encontro creativo CREATURAS SHOWROOM | Galicia modo ON