Facía xa algún tempo que dende Galicia modo ON non nos parábamos a compartir convosco algunha iniciativa de carácter gastronómico especial. Queremos facelo hoxe, tras coñecer a última proposta dos magos da cociña miúda de Abastos 2.0 , trátase dun novo espazo ubicado nas rías baixas, nun lugar onde a ameixa é a estrela dos mariscos…doado de adiviñar, verdade? Efectivamente, é no paseo marítimo de Carril (Vilagarcía de Arousa) onde podemos atopar a taberna protagonista, Loxe Mareiro.
Como acontece nos outros espazos dos de Abastos 2.0, o Loxe Mareiro converteuse nun recanto de intensa personalidade, un espazo único. Ambientado con elementos cotiáns (mobiliario doméstico estilo anos 70-80, candís, bandexas de porcelana, barreños, apeiros de pesca, xabrón de “lagarto”…) no Loxe Mareiro entra un soplo de aire fresco moi xenuíno e especial que invita case a viaxar a unha nenez misturada co aroma mariñeiro…toda unha experiencia!
O Loxe Mareiro ofrece 3 espazos con 3 propostas gastronómicas:
– Esplanada (un espazo exterior no que degustar os petiscos da cociña miúda)
– Comedor (menús á carta)
– Mesa (menú da casa)
A escolla foi moi dura para nós, todos as propostas eran atractivas, pero finalmente aproveitando a inmellorable climatoloxía estival, decidimos desfrutar na esplanada da cociña miúda (inda que con desexos de voltar e probar nos outros espazos). A que ten todo boa pinta?
Tortilla + patacas “Bonilla” Berberechos “to Galician Style”
Na cociña miúda do Loxe Mareiro está más ca presente a mellor gastronomía mariñeira, e non só pola profesionalidade e bo facer que demostra o seu equipo ao elaborar os saborosos pratos que entran xa polos ollos, senon onde non faltan os mellores froitos das nosas rías (percebes, navallas, zamburiñas, mexillóns, berberechos…todos da mellor calidade…..como se non acadar estes inmellorables resultados?
En xeral o Loxe Mareiro contén algo que en Galicia modo ON nos encanta destacar, e é o gusto por coidar todos os pequenos detalles que rodean a un produto de calidade (mesmo os aseos do Loxe están decorados na mesma armonía); parécenos que esta debería ser unha filosofía a ter a adoptar cando o que se pretende é acadar a satisfación total dun cliente (algo que parece tan obvio e que non sempre é doado de asumir).
Detalle dos aseos do Loxe Mareiro
Agora que estamos no verán recomendámosvos máis aínda a visita á que nos nos permitimos bautizar como a “taberna dos sabores mariñeiros”, o Loxe Mareiro. Estamos convencidos de ides sucumbir aos encantos do seu ambiente e por suposto da súa proposta gastronómica, unha enxeñosa e completa alternativa ás clásicas tapas ou racións convencionais. Voltaremos!!
Súper entrada no blog, encántame!!!!