Chegou o verán, e a pesar de que moitos de nós ansiamos que chegue o período estival para lle sacar o máximo proveito ao noso tempo de ocio e descanso, adoita acontecer que éste se esvaece, sen viaxar nin ter feito nada especial, diferente, interesante, produtivo… facéndonos a nós mesmos a mesma pregunta: U-las miñas vacacións?
Hoxe traemos unha particular e novedosa proposta, promovida polo organismo de promoción turística da Xunta de Galicia, Turgalicia, bautizada como Galicia a todo tren. Grazas a esta iniciativa, durante as fins de semana (sábados e domingos) deste verán, é posible coñecer recursos turísticos da nosa xeografía, dende unha óptica menos común, aínda que sí moi atractiva.
Portada do folleto informativo de Galicia a todo tren.
Galicia a todo tren propón aos seus pasaxeiros diversas rutas turísticas en tren (engadindo os traslados precisos en autobús e sempre coa compaña dun guía especializado) baseadas pricipalmente en dúas temáticas:
– Tren dos Xardíns da Camelia.- Esta experiencia permite adentrarse nalgún dos xardíns máis maxestuosos e señoriais galegos que locen cada inverno co resplandor da flor das camelias, representativas xa da nosa terra. Estamos a falar de xardíns históricos impregnados de romanticismo, moi aconsellables visitar en calquera data do ano, coma o Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), o Castelo de Soutomaior (Soutomaior) ou o Pazo Quiñones de León (Vigo). Ademáis disto, son varios os restaurantes da zona adheridos a esta promoción nos cales é posible degustar menús especiais (con reserva previa) para os pasaxeiros deste tren.
– Tren dos Faros de Galicia.– Unha viaxe cara o norte, o punto máis septentrional da Península Ibérica, onde ademáis de coñecer a historia dos seus enigmáticos faros, é posible visitar incríbles paraxes naturais, coma o Cabo Ortegal, Santo André de Teixido, Estaca de Bares, ou a praia das Catedrais.
Cada unha das temáticas (Xardíns e Faros) desenrólase en fins de semana alternos e ofrece 2 tipos de ruta, unha longa e outra curta, así coma unha tarifa especial para cativos.
INFORMACIÓN E RESERVAS
É posible consultar a información detallada dos trens turísticos na web ou contactando con Turgalicia.
A reserva online de billetes debe efectuarse a través da web de RENFE.
O noso consello é que non perdades este tren, lembrade que o verán tamén está para nos nutrir de incríbles e fermosas experiencias!