Galicia modo ON.- Entrevista á ilustradora Sara Iglesias Vázquez.


“Toda pintura é un feito: as pinturas están cargadas da súa propia presencia” Andy Warhol.
Coa frase célebre dun gran ilustrador de todos os tempos estreamos novo post, fixando a mirada no traballo de Sara Iglesias Vázquez, unha xove ilustradora que combina os seus estudos de Educación Infantil coa súa paixón, a pintura (non en van cursou estudos tamén de artes plásticas, deseño e ilustración).

saraiglesiasparagaliciamodoon-1
Sara Iglesias ven de inaugurar estes días a súa primeira exposición, Miscelánea. Dipladenia del viento no seu municipio noiés, coa colaboración do bar As Fontes. A artista, que tamén amosa parte deste traballo no seu propio blog comparte nesta exposición 10 das ilustracións, 4 exercicios de fontes, e 3 pinturas. Ata finais do mes de Xullo é posible achegarse a As Fontes a contemplar a súa obra.

Dende Galicia modo ON quixemos achegarnos un pouquiño máis á artista e ao seu creativo traballo, a través da entrevista que tan amigablemente nos concediu hoxe podemos compartir máis cousas convosco.

Galicia modo ON.- A nós gústanos pensar que todos os artistas teñen o seu propio universo, e así mesmo o plasman nas súas obras. Como é o universo de Sara? 

Sara.- O meu universo gústame que esté cargado de cores vivas que reflexen alegría, ás veces me din que estou noutro mundo, cando ocorre esto é porque estou creando coa miña imaxinación unha idea, soño, pensamento… un lugar propio creado á miña maneira.

Sara1-1

Galicia modo ON.- Cando e onde comezaches a túa iniciación no mundo da pintura en xeral?

Sara.- Non recordo un momento en concreto, penso que toda a miña vida está relacionada co debuxo e sobre todo coas cores.
Galicia modo ON.- Sara estuda e Sara pinta…pero a que lle gustaría adicarse profesionalmente, nun futuro non moi lonxano? 

Sara.- Todo o que signifique un traballo creativo onde dar renda solta á miña imaxinación, onde non haxa só unha única maneira de facer as cousas, senon múltiples camiños a explorar.

Galicia modo ON.- Entre a obra exposta no bar As Fontes atopamos unha serie de 5 ilustracións que forman parte dun álbum moi especial para ti. Poderías contarnos algo máis acerca deste traballo?

Sara.- Trátase do meu primeiro albúm ilustrado e eso sempre marca, foi un traballo que desfrutei. Ademáis que, o tema que en cuestión, ten un sentimento especial para min, trata da única nena dunha pequena aldea galega que, ante a ausencia de compañeiros de xogo, aprende a divertirse co que a rodea, a natureza e os animais da súa avoa, en especial unha dócil galiña coa que vive incribles aventuras.

SARA_4-1

Galicia modo ON.- Ademáis da serie ilustracións podemos ver algunha pintura e outros traballos. Persoalmente, con que técnica che gusta máis traballar, e por que? 

Sara.- Gústanme as cores brilantes dos acrílicos, a luminosidade que teñen e a forza que trasmiten, comparto cos nenos e nenas o gusto polas cores vivas que se proxectan e entran polos ollos.

SARA2-1
Galicia modo ON.- Tes algún artista fetiche, fonte de inspiración que inflúa na túa obra de xeito considerable? 

Sara.- Fascínanme os pintores post-impresionistas como Paul Gauguin e tamén o fauvismo como precursor Henri Matisse, polo xogo de cores que plasmaron en todas as súas pinturas, con cores vivas intercaladas; esa mistura creando viveza nas súas obras logrando así, unha expresión máis subxectiva da realidade.

Galicia modo ON.- Como estás a vivir a experiencia de expoñer as túas obras ao público nun sitio tan concorrido coma un bar da vila noiesa? 

Sara.- Eu son unha persoa de a pé, polo que a miña arte, sendo o meu reflexo, tamén pertece a rúa accesible a todo o mundo. Convivindo cos meus veciños, amigos, familiares e compartindo un café ou un té ao lado de “Xoana”.

Galicia modo ON.- Xa por último, gustaríanos que coas túas propias palabras recomendases a visita á exposición Miscelánea. Dipladenia del viento.

Sara.- Pois como vos decía antes, vide tomar un té ou un café a Noia ao bar As Fontes, rodeados das cores e fantasía de Sara Iglesias Vázquez.

GRAZAS, SARA!

Non nos queda máis que darlle as gracias a Sara polo tempo e adicación que nos brindou, para nós foi un agradable pracer poder entrar un momentiño no seu mundo de desfile cores vivas e fantasía, e desexamos que esta sexa a primeira de moitas exposicións do universo de Sara, pois se algo debería abondar nesta vida é a enerxía que transmiten as cores do arco da vella!!!

Fotos: Galicia modo ON.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s