Galicia modo ON.- Swinging Chicks, a moda que perdura no tempo.


A elegancia e o “bo vestir” é algo que perdura no tempo, sen importar en exceso as novas propostas da moda máis actual; por iso non é de extrañar que tanto na moda coma noutras artes, as últimas tendencias adoiten estar impregnadas de fortes  pinceladas de influencia máis clásica.

Algunha vez imaxinaches poder lucir un  vestido ao máis puro estilo anos 50-60? E se lle engadimos o toque de exclusividade e o bo facer dunha fabricación galega? Pois estaremos a falar de Swinging Chicks.

Swingingchick-1

Swinging Chicks é a empresa dunha moza galega afincada en Holanda, deseñadora de moda retro-vintage feita a man e inspirada no estilismo dos anos 60, prendas fabricadas en Galicia onde prima a calidade dos tecidos, e os coidados acabados. En Swinging Chicks adoitan definir o seu traballo como “pezas que perduran no tempo” auténticas xoias, poderíamos engadir nós.

A través da tenda online  da web da marca swingingchicks.com é posible coñecer todos os seus deseños e adquirir os produtos de xeito doado (aínda que os contidos da web están en inglés, no seu blog http://swingingchicks.blogspot.nl/ en castelán, ademáis de falar das súas coleccións explican como adquirir os produtos na tenda online). Tamén é posible seguir as novidades Swinging Chicks a través da súa páxina Facebook

Estes días vimos coñecer a Maria Lareo, creadora de Swinging Chicks. María quixo con esta entrevista presentarnos o seu traballo, e a nós pareceunos tamén oportuno coñecer de preto a súa interesante proposta.

Galicia modo ON.- Sempre tiveches clara a túa profesión? Como xurdiu Swinging Chicks?

 Swinging Chicks .- Swinging Chicks surxiu por casualidade. Empezei deseñando uns cantos modelos de edición limitada para amigos e para min mesma. Por circusntancias da vida mudeime a Arnhem (Paises Baixos) e creei a miña empresa para poder vender os meus modelos en tendas locais. Eu estudei deseño gráfico, pero cansa de ter que buscar traballos de freelance que non me levaban a ningures decidín levar a miña paixón pola cultura dos anos 50 e 60 a outro campo.

Galicia modo ON.- Dende o punto de vista profesional é doado vivir a cabalo entre Holanda e Galicia? (chámanos a atención que a empresa sexa holandesa e a fabricación do produto se elabore en Galicia).

 Swinging Chicks .- O motivo de que a miña empresa sexa holandesa  non é outra que por motivos de burocracia, xa que teño fixada a miña residencia en Arnhem, todos os papeleos os teño que facer aquí. Sen embargo os meus vestidos están confeccionados en Galicia, por costureiras de antaño da miña confianza con moitos anos de experiencia e amor polo detalle. Por eso me gusta denominar Swinging Chicks como 100% feito en Galicia.

Swingingchicks

Galicia modo ON.- Estamos ante un estilo de roupa moi “chick”, elegante e de pronunciada persoalidade. Como son as mozas que visten Swinging Chicks

Swinging Chicks .- As mozas que mercan Swinging Chicks son persoas con un marcado amor polo “handmade” feito á man. Buscan roupa que perdure no tempo. Son mozas ás que non lle gusta ir uniformadas, e por suposto mozas con marcada personalidade que saben o que queren en todas as facetas da sua vida.

Galicia modo ON.- En xeral o mundo da moda e deseño parece vivir unha “revolución positiva” trala aparición dos medios sociais. Bloggers, deseñadores, fotógrafos, tendas, estilistas, modelos…todos parecen atopar nas redes sociais unha incríble e poderosa plataforma de promoción, venda e difusión do seu traballo. Acontécevos a vos o mesmo?

Swinging Chicks .- Como ti dis, as redes sociais, internet, blogs etc… achégante a máis xente, pero aínda así  sigo pensando que as formas tradicionais de presentar o teu traballo como venta a péde rúa, feiras, showrooms…pagan máis a pena…danche a oportunidade de coñer ao teu cliente, podes aconsellalo e o trato é moito máis persoal… polo tanto ese cliente quedará contento e voltará. Por suposto sempre é agradable chegar á maior xente posible e estar presente tanto en internet como nas redes sociais!

Galicia modo ON.- Tedes en Swinging Chicks unha musa ou modelo de inspiración que inflúe na creación dos deseños?

Swinging Chicks .- Temos moitas! Por suposto todas as actrices e modelos dos anos 50 e 60. Audrey Hepburn, Sharon Tate, Twiggy, Jane Mansfield, Mia Farrow… por nombrar algunas.

Galicia modo ON.- Como xove emprendora, que consellos darías a aqueles por falta de decisión ou medo ao risco, non se atreven a se adentrar co seu proxecto no mundo profesional?

Swinging Chicks .- Eu non son quen de dar consellos a ninguén, pero agora mesmo en momentos difíciles é cando se debe tentar facer realidade os soños de un… xa que non hai traballo, é xenial levar acabo as túas ideas, apostar por elas e crearte un posto de traballo.

Moitas gracias a Galicia Modo On por dar a coñecer un pouco máis o meu traballo e espero que vos guste. Invitovos a seguirme en Facebook e en darlle a me gusta na miña páxina onde tamén podedes mercar os nosos vestidos incluso feitos á medida.

 Fotos: Swinging Chicks

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s