Galicia modo ON.- Tapas con sabor a queixo San Simón da Costa


Co gallo da celebración da festa do Queixo de San Simón da Costa, que se celebrará en Vilalba (Lugo) os días 6 e 7 de Abril, as semanas previas a este evento (do 21 ao 31 de Marzo) celébrase en Vilalba un concurso disposto a facer as delicias dos amantes do bo queixo (coma nós) e da gastronomía galega en xeral, o  VI Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa.

Como é de imaxinar a base das tapas deste concurso é o xenuíno queixo San Simón da Costa. 43 establecementos da localidade prepararán os seus petiscos para todos os gustos, amosando o seu estilo dentro de 2 categorías: creativa (2.50 €) e tradicional (1€).

cartel-vi-concurso-tapas-san-simon

O QUEIXO SAN SIMÓN DA COSTA

O queixo San Simón da Costa é un queixo elaborado a base de leite de vaca 100% autóctona galega.  Ademáis da valiosa materia prima, este queixo é unico pola súa cor dourada, a súa forma alongada, e o aroma afumado (pois é tratado con fume de bidueiro, árbore tamén autóctona). Conta ademáis co selo do Consello Regulador e a Denominación de Orixe Protexida, polo que estamos ante un produto de recoñecida e admriada calidade.

UN CONCURSO DE TAPAS, UN ACERTO.

Un concurso de tapas adoita ser un acerto por diversos motivos: crea valor engadido ao produto estrela, neste caso ao queixo San Simón da Costa;  difunde o bo facer da gastronomía da zona;  xera e fortalece vínculos profesionais e de boa comunicación entre os distintos responsables que interveñen na creación e celebración do evento (creadores do produto, hostaleiros, restauradores, asociacións, empresarios do sector…); e o máis importante: teñen boa acollida entre os participantes que se animan a degustar, sobre todo cando existe un verdadeiro equilibibro na relación “calidade-prezo” tenden a valorar de xeito positivo, o produto, os servizos que interveñen no seu proceso, e en xeral a iniciativa.

Nós tamén aplaudimos esta gran idea, e por suposto animámosvos a que vos acheguedes a Vilalba a degustar o queixo dourado de exquisito padal.

BO PROVEITO!

Fotografía: Cartel do evento, facilitado por DOP San Simón da Costa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s