Libélulas, libeliñas, cabaliños do demo, gaiteiros, mollacús… un sen fin de nomes para designar a un mesmo insecto, non vos parece algo curioso?
Ao longo de séculos de historia, este animal foi protagonista dunha especial simboloxía, asociado sempre ao mundo da maxia e da superstición. Arredor del creáronse milleiros de lendas en todo o mundo que o posicionaron tanto como portador de sorte e fortuna coma de maldicións e desgrazas.
Hoxe queremos compartir convosco un traballo que por pura casualidade, caeu nas nosas mans e nos pareceu moi interesante, a Guía das libélulas de Galicia.
O autor, Miguel A. Fernández-Martínez, ademáis de explicar a natureza e presenza destes seres en Galicia, tenta con esta guía facilitar a identificación das libélulas (en Galicia hai máis de 60 variedades), e sinala os mellores lugares da nosa xeografía para a súa observación.
Nos consideramos que unha guía destas características é en sí mesma unha ferramenta coa cal aprender a coñecer, valorar e coidar o medio natural no que adoitan vivir estas especies tan sensibles á contaminación.
Asimesmo poderíase considerar tamén este traballo como punto de apoio para a creación dun recurso turístico sostible que quizáis busque achegarse a un perfil de turista que, inda sendo minoritario, respete, admire e lle outorgue valor a eses únicos e máxicos espazos naturais nos cales vagan os diminutos cabaliños do demo.
Qué interesante! Encántame o post, ademais encantanme as libelulas