O último post deste ano 2013 trae consigo un exemplo de como o asociacionismo entre profesionais dun mesmo sector pode aportar calidade e valor, tanto ao traballo destes profesionais, como á propia profesión, pois como ben di o dito: “A unión fai a forza”.
Nesta ocasión queremos facer alusión á creación da primeira asociación galega de profesionais do turismo, coñecida como PROTURGA (Profesionais do Turismo de Galicia).
Chapa promocional. “Eu son profesional do turismo, e ti?”
Aínda que Proturga nace no 2009, é nestes dous últimos anos cando a asociación toma as rendas da súa actividade., estando presente de xeito activo en diversos eventos coma no primeiro Festival Social Media Galicia, MexilOnseTuits, ou no Foro Galego da Web 2.0, Foro UNIREDE .
Proturga está formada por socios que desenrolan distintas profesións dentro panorama turístico galego, deste xeito, guías profesionais, recepcionistas de hoteis, informadores turísticos…ou mesmo estudantes de Turismo, teñen cabida nunha asociación cuxos compoñentes cren no mesmo valor: un turismo profesional.
Recentemente, nunha reunión aberta, en Pontevedra, e coincidindo coa celebración de FERPALIA (Salón do Turismo de Galicia), a directiva da asociación presentou a súa nova páxina web http://proturga.org/
Nesta web, ademáis de poder coñecer en detalle a asociación, ou os requisitos para poder formar parte dela, tamén é posible acceder á comisión de traballo, deste xeito, queda totalmente aberta a participación dos socios nos distintos campos do Plan de Acción para o 2013.
A boa comunicación entre os socios é tamén fundamental. A través dun grupo de Facebook é posible compartir entre socios información variada (ofertas de emprego, eventos relacionados co sector, novas sobre lexislacións, cursos de formación, etc.)
Dende PROTURGA preténdese promover a idea de que absolutamente todos os membros da asociación son unha peza moi importante para o engranaxe da súa actividade. Todas as colaboracións, ideas, suxerencias, críticas son ben recibidas, todos os socios teñen algo que aportar, pois o traballo de todos é fundamental!
Dende Galicia modo ON animamos ao asociacionismo, colaboración, boa comunicación e relación entre profesionais, pois deste xeito navegando todos na mesma direción, aprenderase e defenderase o bo facer dun traballo, devolvendo resultados satisfactorios tamén para o cliente, e como non, para o oficio en xeral.
APROVEITAMOS PARA VOS DESEXAR UNHAS MOI FELICES FESTAS, E UN FELIZ ANO 2013 CHEO DE ILUSIÓNS, PROXECTOS E BOAS NOVAS!