Galicia modo ON. Pub Iguana (Noia).


Nunca época na que a maldita palabra “crise” sobrevoa como paxaro de mal agoiro por riba de moitas das nosas cabezas, cómpre destacar, aínda con máis forza, o traballo daqueles valentes (non temerarios) que apostan por tirar cara adiante e, con gañas, traballo e dedicación se centran en facer realidade o seu soño ou proxecto.

Estoume a refererir ao caso dun pequeno local de ocio nocturno ubicado na vila de Noia (A Coruña), o pub Iguana. O pub Iguana, reabreu hai unhas semanas as súas portas, nas mans dous xoves empresarios, Vane e Diego.

Vane e Diego centraron os seus esforzos en acondicionar este local coas súas creativas e profesionais mans, encargáronse persoalmente do deseño, cores e incluso da fabricación de inxeniosos elementos decorativos do Iguana. Conseguiron así outorgarlle un estilo moi persoal, dinámico, xuvenil e elegante ao mesmo tempo.

Que ofrece o pub Iguana?

O pub Iguana conta con tres espazos diferenzados , dando lugar a tres ambientes distintos segundo as preferenzas dos clientes; unha ampla e coidada carta de coctelería na que está presente, entre outras delicias, o afamadísimo gintonic; e música en directo, o toque máis especial sen dúbida. Nesta curta andaina xa foron dous os grupos locais que agasallaron co seu son rockeiro en acústico, The Lakazáns e Perversión Española, grupos que polo seu bo facer contaron coa gratitude dos asistentes.

Un momento “gintonic” con Marifer e  Vane.

Vane e Diego

Nin a escolla de xestionar un bar de copas, nin as dotes para a bricolaxe, nin tan sequera a forte presenza do rock and roll, son froito da casualidade. Vane e Diego son experimentados nas diversas materias. Vane leva traballado (dende hai xa 10 anos) en distintos locais de ocio nocturno da zona, non é de estrañar que entre as súas ilusións se atopase a e rexentar o seu propio negocio. Diego, ten unha extensa experiencia na carpintaría, pois adicou un tempo a aprender a profesión familiar, e a pesar de que se adicou a varias cousas, é ante todo rockeiro, non en van é guitarrista no grupo Desalojo.

Diego e Vane rexentan o pub Iguana.

Inda que están empezando a súa actividade, este par de mozos amosan unha actitude máis ca exemplar para conseguir o éxito do pub Iguana. A súa ilusión, profesionalidade, esforzo por facer realidade o seu desexo, as gañas de traballar, de buscar alternativas atractivas que consigan conquistar, a calidez humana que amosan,.. todas estas actitudes acabarán por recompensarlle dalgún xeito seguro. Moito ánimo e a seguir por ese camiño!

Fotografías: Pub Iguana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s