Galicia modo ON. Un plan para o Castro de Baroña


Image

Punta do Castro é como se chama realmente o Castro de Baroña, no concello de Porto do Son.

Estamos ante un xacemento castrexo dos que maior expectación esperta en Galicia e, a pesar de carecer dunha infraestructura turística axeitada (lembremos que apenas existe sinalización e os accesos este espazo son moi limitados), é o segundo castro galego máis visitado, recibe cada ano ao redor de 100.000 visistas (o primeiro é o castro de Santa Tegra, no municipio pontevedrés de A Guarda, con aproximadamente 200.000 visitas cada ano).

Hai pouco menos dun ano, ao Castro de Baroña foille outrorgada a clasificación de B.I.C. (Ben de Interese Cultural), un feito que gratificou en xeral aos sonenses, que sempre consideraron que este xacemento ben merecía un recoñecemento digno das súas evidentes e especiais características.

Actualmente, coa financiación da Secretaría Xeral para o Turismo, o Concello de Porto do Son está a traballar na posta en valor do Castro de Baroña como recurso cultural e turístico de Galicia. Para isto, está a levar a cabo un Plan de Difusión do Castro de Baroña, que permita poñer en valor o gran potencial turístico deste especial xacemento.

Como parte deste Plan, o Concello programou o día 9 de Xullo unhas xornadas de formación para futuros informadores turísticos ou guías de interpretación do Castro de Baroña, levadas a cabo polo arqueólogo Angel Concheiro Coello (máis coñecido como Tito Concheiro), responsable do traballo de excavación do Castro, realizado nos anos 90 e tamén na actualidade.
Na parte teórica desta iniciativa, Tito Concheiro explicou algún dos principais obxectivos destas xornadas, como a importancia do papel do guía, que debe tentar facer partícipes da historia castrexa aos visitantes do Castro de Baroña. Para isto é preciso tentar transmitirlles (acudindo á subxectividade e imaxinación) unha contextualización histórica, social, e cultural que lles invite a enteder como era a vida no Castro de Baroña, sempre dun xeito activo, facendo que se sintan testemuñas, actores e nunca simples espectadores. Do mesmo xeito tamén se mencionaron algúns casos de éxito da xestión turísita noutros gastros galegos, así coma os usos negativos ou inadecuados que se deben evitar, para conseguir así coidar o Castro co respeto e a dignidade que éste merece.

Xa pola tarde, na visita ao propio Castro, Tito Concheiro explicou ao grupo varios encadres estratéxicos do Castro, e interesouse en respostar ás múltiples e interesantes preguntas que algún de nós foi plantexando. Do mesmo xeito, tamén quixo coñecer os distintos puntos de vista dos asistentes sobre o deseño de posibles rutas, solucións para a ofrecer accesibilidade ao Castro ou usos adecuados para o futuro centro de interpretación que está previsto construír en Baroña, nas proximidades do Castro.
Estanse levando a cabo outras iniciativas dentro deste Plan de Difusión, como foron as excavacións realizadas xa hai uns meses, coa testemuña dos escolares de centros vidos de diversas partes da xeografía galega. Tamén se realizará unha actividade o domingo 29 de xullo coincidindo coa celebración da Feira Celta no concello.

Por outra banda, segundo nos indicaron, no mes de setembro será impartido outro curso similar, xa de maior perfecionamento, tentando trasmitir eses valores ocultos (natureza, maxia, historia, identidade, cultura…) que non fan máis ca destapar o gran potencial turístico do Castro de Baroña.

3 opinións sobre “Galicia modo ON. Un plan para o Castro de Baroña

  1. Pingback: Galicia modo ON.- Xornadas en Porto do Son sobre a posta en valor do seu patrimonio cultural (segunda sesión). | Galicia modo ON

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s